Secretaría

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO QUE SEXA BENEFICIARIO DELAS

O día 13 de novembro publicouse a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, (...) e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería (...) no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

O alumnado destinatario será:

- Alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

- Non fose beneficiario desta axuda por diferentes circunstancias pero:

  • Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ (exercicio fiscal 2018)
  • Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

As solicitudes terán que presentarse, de forma presencial, no centro docente ata o día 25 de novembro.

NON TEÑEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE O ALUMNADO QUE FOSE BENEFICIARIO DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR NO CURSO 20/21.

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO - CURSO 20-21

DOCUMENTACIÓN IMPORTANTE:

Comezo do curso escolar 2020-2021

Data de comezo do cuso escolar 2020-2021

Horarios e portas de entrada e saída do centro clicando na táboa

xoves día 10 de setembro

  • 4º e 5º de E.I.
  • 1º, 2º e 3º de E.P.

venres día 11 de setembro

  • 6º de E.I
  • 4º, 5º e 6º de E.P.

Debido á situación creada polo SARS Cov 2

  • Non haberá reunión de comezo de curso coas nais/pais os días 10 e 11
  • O alumnado de infantil poderá entrar no recinto do colexio acompañado só por un adulto
  • O alumnado de primaria non pode entrar acompañado dentro do recinto do colexio
  • O alumnado que utilice o comedor escolar e vaia a ser recollido, levarémolo á porta principal dende as 15:30 horas.

Haberá comedor e transporte escolares

IMPRESOS SOLICITUDE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLARES

IMPRESOS PARA SOLICITAR TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLARES PARA O CURSO 2020-2021

Durante estes últimos días do mes de xuño e os primeiro do de xullo teriades que descargar os impresos, enchelos e entregalos no centro

TRANSPORTE COMEDOR

- Solicitude transporte

fóra da área de influenza

- Impreso solicitude

do comedor escolar

- Solicitude transporte vivindo

a menos de 2 km

 

ADMISIÓN CURSO 2020-2021

ADMISIÓN CURSO 2020 - 2021

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

08/06/2020

INSTRUCIÓNS DO 28 DE MAIO QUE CONCRETAN AS DO 21 DE ABRIL SOBRE O 3º TRIMESTRE DO CURSO 19-20

Instrucións do 28 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se amplían e concretan determinados aspectos das Instrucións do 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Instrucións

Enlace coa páxina da CECFP

28/05/2020

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ DO 2º CICLO DE ED. INFANTIL E PRIMARIA:

1. Restablécese o prazo iniciándose o día 11 de maio e rematará o día 18 de maio.

Horario de atención: de 10:00 h a 13:00 h

2. Novos prazos do procedemento.

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

Acordos do Cecop no ámbito educativo

06/05/20  13:05h

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DE E.P. PARA O 3º TRIMESTRE

INFORMACIÓN PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA DA ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DE E.P. PARA O 3º TRIMESTRE curso 2019-2020

 

- 1ºA E.P.
- 2ºA E.P.
- 3ºA E.P.
- 3ºB E.P.
- 4ºA E.P.
- 4ºB E.P.
- 5ºA E.P.
- 5ºB E.P.
- 6ºA E.P.
- 6ºB E.P.

- ED. FÍSICA

- ED. MUSICAL

- RELIXIÓN CATÓLICA

   

 

 

Instrucións do 27 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Enlace aquí

 

Galicia, 28/04/2020 ás 13:20h

INSTRUCIÓNS SOBRE A CONCRECIÓN DE MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN COA AVALIACIÓN DO SEGUNDO TRIMESTRE

INSTRUCIÓNS EMITIDAS POLA CONSELLERÍA DE EDUCACION, UNIVERSIDADE E F.P. SOBRE A AVALIACIÓN DO 2º TRIMESTRE:

1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre, antes do día 3 de abril.

2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma.

 

Distribuir contido