COMEDORES ESCOLARES 2021-2022
AVISO IMPORTANTE!
COMEDORES ESCOLARES CURSO 2021-2022
1º O alumnado que pagou o comedor durante o curso 20-21 que pase polo centro a recoller os impresos do mes de xuño (para todas aquelas persoas que non o teñan xa pagado).
2º O alumnado que vaia usar o comedor o curso 2021-2022 ten que descargarse os impresos de solicitude (aquí) e enchelos. Logo pasar polo centro para entregalos (tamén teremos a vosa disposición eses impresos no centro)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ PARA O CURSO 2021-2022
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ DO 2º CICLO DE ED. INFANTIL E PRIMARIA:
O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
O alumnado que estea matriculado no centro, e desexe seguir nel, non ten que facer ningún tipo de solicitude.
O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde de 18/12/2020. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 11 de xaneiro e o 8 de febreiro de cada ano.
O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación».
A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
Os prazos máis salientables son os seguintes:
1. Reserva de praza no centro de orixe: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.
2. Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo. Letras de desmpate segundo o sorteo público aquí.
3. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
4. Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.
5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
7. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
8. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN 2020
ESTE ANO AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN VEÑEN DA VOSA MAN!!!
TODOS OS CONTACONTOS DE BOAS NOITES PARA QUE QUEDEN DE RECORDO DESTES TEMPOS DE CONFINAMENTO. GRAZAS!!!
NOTA INFORMATIVA SOBRE A 3ª AVALIACIÓN DE ED. INFANTIL
Enviado por admin o Ven, 12/06/2020 - 18:27NOTA 3ª AVALIACIÓN INFANTIL
O Equipo de ciclo de Educación Infantil decidiu, dadas as circunstancias, manter os ítems de avaliación e as correspondentes cualificacións do 2º trimestre para cada alumno.
Esta decisión apoiase lexislativamente nas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia; e pedagoxicamente na imposibilidade de facer unha observación directa e sistemática do traballo realizado polo alumnado, principal instrumento de avaliación nesta etapa.
MENÚ COMEDOR SETEMBRO 2024
Enviado por admin o Mar, 10/09/2024 - 10:27
Menú xuño Menú maio Menú abril Menú marzo Menú febreiro Menú xaneiro Menú decembro Menú novembro Menú outubro Menú setembro |
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ DO 2º CICLO DE ED. INFANTIL E EN EDUCACIÓN PRIMARIA:
TODAS AS PRAZAS SOLICITADAS EN PRAZO FORON ADMITIDAS DE XEITO DEFINITIVO
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ DO 2º CICLO DE ED. INFANTIL E EN EDUCACIÓN PRIMARIA:
5. Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
6. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
7. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.
8. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.
9. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.
10. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.
- Áreas de influencia do noso colexio
SOLICITUDES PARA RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ORIXE
O prazo de solicitudes para reserva de praza no centro de orixe abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2023, ambos incluídos.
O mesmo prazo para o alumnado que vaia pasar de 6º curso de E.P. a 1º curso da ESO.
O alumnado que estea matriculado no centro, e desexe seguir nel, non ten que facer ningún tipo de solicitude.
O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde de 21/10/2022. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 15 de xaneiro e o 5 de febreiro de cada ano.
O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación».
A consulta das listaxes de alumnado admitido debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
Os prazos máis salientables son os seguintes:
1. Reserva de praza no centro de orixe: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.
2. Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: o 22 de febreiro.
3. Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo. Resultado do sorteo público, que vai ser o día 27/02 (aquí).
4. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
DOCUMENTOS OFICIAIS DO CENTRO
DOCUMENTOS OFICIAIS DO CENTRO | DATA DE MODIFICACIÓN |
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL | 2023 |
NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO | 2018 |
PLAN DE CONVIVENCIA | 2023 |
PLAN LECTOR | 2020 |
ACORDO CONSELLO DA XUNTA DO 15/10/20 SOBRE COMEDORES ESCOLARES
O acordo do consello da Xunta sobre comedores escolares do día 15/10/20 acordou o seguinte:
- Modificar as contías das compensacións económicas a percibir polo persoal funcionario e laboral destinado nos centros educativos públicos galegos, así como aos pais, nais, titores legais e acolledoras/es familiares de nenas/os escolarizados en ditos centros, que asuman responsabilidades na organización dos comedores escolares e realicen tarefas de atención e vixilancia dos menores comensais, a percibir compensacions económicas, en función dos días nos que se concrete a súa asistencia efectiva ao comedor escolar.
- Ampliar excepcionalmente a outros familiares convivintes, que residan no mesmo domicilio dos menores comensais, a posibilidade de colaborar voluntariamente nas tarefas de atención e vixilancia nos comedores escolares, por non existir persoal funcionario e laboral da Xunta de Glicia, nin colaboradores directos dispoñibles previstos ordinariamente en número suficiente.