COMEDORES ESCOLARES 2023-2024
AVISO IMPORTANTE!
COMEDORES ESCOLARES CURSO 2023-2024
1º O alumnado que pagou o comedor durante o curso 22-23 que pase polo centro a recoller os impresos do mes de xuño (para todas aquelas persoas que non o teñan xa pagado).
2º O alumnado que vaia usar o comedor o curso 2023-2024 ten que descargarse os impresos de solicitude (aquí) e enchelos. Logo pasar polo centro para entregalos (tamén teremos a vosa disposición eses impresos no centro)
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 23-24
- Fondo solidario de libros de texto para o alumnado de 3º e 4º E.P. (xa que 5º e 6º teñen e-dixgal)
- Axudas para a adquisición de libros de texto (alumnado de 1º e 2º E.P. e o que teña discapacidade dun 65% polo menos) (A adquisición de libros de texto realizarase, preferentemente, a través das librarías/establecementos da zona de referencia do centro educatvo).
- Material escolar (1º a 6º de E.P.)
INFORMACIÓN XERAL para familias - Curso 2023-2024 presentación do 2/05 ao 21/06, incluídos
Procedemento ED330B, ED330G e ED330H
Orde do 10 de maio de 2023 (DOG do 19/05) Enlace ao Diario oficial de Galicia
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, facendo clic aquí.
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente nos centros: enlace aos Anexos I e II.
Para máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace - Manual de usuario para os cidadáns: enlace
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ PARA O CURSO 2023-2024
TODAS AS PRAZAS SOLICITADAS EN PRAZO FORON ADMITIDAS DE XEITO DEFINITIVO
(as feitas fóra de prazo ten que admitilas a inspección educativa)
SOLICITUDES PARA RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ORIXE
O prazo de solicitudes para reserva de praza no centro de orixe abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.
O mesmo prazo para o alumnado que vaia pasar de 6º curso de E.P. a 1º curso da ESO.
O alumnado que estea matriculado no centro, e desexe seguir nel, non ten que facer ningún tipo de solicitude.
O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde de 21/10/2022. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 15 de xaneiro e o 4 de febreiro de cada ano.
O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación».
A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
Os prazos máis salientables son os seguintes:
1. Reserva de praza no centro de orixe: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.
2. Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: o 22 de febreiro.
3. Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo. Resultado do sorteo público (aquí).
4. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ DO 2º CICLO DE ED. INFANTIL E PRIMARIA:
5. Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
6. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
7. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.
8. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.
9. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.
10. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.
CANTIGAS E REGUEIFAS DÍA DE ROSALÍA
Enviado por cospi o Lun, 27/02/2023 - 22:19CONSELLO ESCOLAR - ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN CURSO 2021-2022
INFORMACIÓN RELEVANTE
- Neste curso 21-22 toca renovar parte do Consello Escolar. No caso das familias renovaranse dous representantes.
- O censo de cada sector do Consello Escolar está colgado no taboleiro interior, onde se pode consultar, dado que por protección de datos non pode estar na web.
- Para presentar as vosas candidaturas teremos á vosa disposición un formulario na conserxería do centro. Este formulario debe presentarse como data límite o mércores 10 de novembro.
- Este pasado martes constituíuse a Xunta Electoral con representación de todos os sectores onde se aprobou o calendario de actuacións que rematará o martes 23 de novembro coa votación.
- O próximo martes 23 de novembro realizaremos a votación para renovar a representación das familias no Consello Escolar. Con este motivo establécense tres períodos de votación para, por unha banda, que as familias que lles tocou integrar a Mesa Electoral non teñan que estar toda a mañá e poidan compaxinar cos respectivos traballos e, por outra banda, para que teñades varios espazos durante a xornada habilitados para exercer o voto. Deste xeito, os horarios de votación serán os seguintes:
- Ás 09:00 horas constitución e apertura da Mesa Electoral e inicio da votación ata as 10:00 horas.
- Segundo tramo de 13:45 a 14:15 horas coincidindo coa recollida do alumnado.
- Terceiro tramo de 15:30 a 16:00 horas coincidindo co inicio das actividades extraescolares.
- SORTEO XUNTA ELECTORAL martes día 26 de outubro ás 14:00 horas.+ info A xunta electoral, unha vez constituída, poñerá a disposición das persoas que desexen presentar a súa candidatura un impreso para formalizala.
-
MATERIAL DE AULA CURSO 21-22
MATERIAL DE AULA SOLICITADO POR CADA TITORÍA CURSO 21-22
EDUCACIÓN PRIMARIA
RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO CURSO 21-22
DE 3º E 4º DE PRIMARIA
DÍA 3 DE SETEMBRO
DE 10:30 h a 13:00 h
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 21-22
- Fondo solidario de libros de texto (alumnado de 3º e 4º E.P. xa que 5º e 6º ten e-dixgal)
- Axudas para a adquisición de libros de texto (alumnado de 1º e 2º E.P. e o que teña discapacidade dun 65% polo menos) (A adquisición de libros de texto realizarase, preferentemente, a través das librarías/establecementos da zona de referencia do centro educatvo).
- Material escolar (alumnado de E.P.)
Listaxe definitiva de admitidas - (clicar no apartado "cidadán"; tamén as temos expostas no taboleiro da porta de entrada interna do centro) - Entregaranse os libros ao incio do curso
Listaxe provisional de admitidas - (clicar no apatado "cidadán"; tamén as temos expostas no taboleiro da porta de entrada interna do centro) - Reclamacións ata o día 06/07/2021 ás 21:00 horas
Os vales para libros e material para 1º e 2º e os vales para material de 3º a 6º podedes pasar a recollelos a partir do martes, día 06/07
INFORMACIÓN XERAL - Curso 2021-2022 presentación do 21/05 ao 22/06, incluídos
Procedemento ED330B
Orde do 6 de maio de 2021 (DOG do 20) Enlace ao Diario oficial de Galicia
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, facendo clic aquí.
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente nos centros: enlace aos Anexos I e II.
Para máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace - Manual de usuario para os cidadáns: enlace