CONSELLO ESCOLAR - INFORMACIÓN IMPORTANTE
VOTACIÓN PARA RENOVAR A REPRESENTACIÓN DAS FAMILIAS NO CONSELLO ESCOLAR
O próximo martes 19 realizaremos a votación para renovar a representación das familias no Consello Escolar. Con este motivo establécense tres períodos de votación para, por unha banda, que as familias que lles tocou integrar a Mesa Electoral non teñan que estar toda a mañá e poidan compaxinar cos respectivos traballos e, por outra banda, para que teñades varios espazos durante a xornada habilitados para exercer o voto. Deste xeito, os horarios de votación serán os seguintes:
-
Ás 09:00 horas constitución e apertura da Mesa Electoral e inicio da votación ata as 10:00 horas.
-
Segundo tramo de 13:45 a 14:15 horas coincidindo coa recollida do alumnado.
-
Terceiro tramo de 15:30 a 16:30 horas coincidindo co inicio das actividades extraescolares.
Menú novembro 2024
Menú xuño Menú maio Menú abril Menú marzo Menú febreiro Menú xaneiro Menú decembro |
COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2024/2025
O DÍA 11 DE SETEMBRO ÁS 09:15h REALIZARASE UNHA CONCENTRACIÓN DIANTE DO CENTRO EN SINAL DE PROTESTA POLA FALTA DE PROFESORADO QUE NOS AFECTA ESTE CURSO.
UNHA VEZ FINALIZADA, TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA (ALUMNADO, PAIS, NAIS, TITORAS/ES)
ENTRARÁN AO CENTRO ONDE O DIRECTOR PRESENTARÁ O NOVO CURSO E COMENTARÁ ALGÚNHAS LIÑAS BÁSICAS.
SEGUIDAMENTE, O ALUMNADO ENCAMIÑARASE Á SÚA AULA COA TITORA/OR QUE TEN ASIGNADO.
O DÍA 11 DÁ COMEZO O SERVIZO DE TRANSPORTE E COMEDOR, COMO É HABITUAL, POLO QUE O ALUMNADO USUARIO DO TRANSPORTE, ESE DÍA,
AGARDARÁ DENTRO DO RECINTO ACOMPAÑADO DE PARTE DO PROFESORADO ATA O REMATE DA CONCENTRACIÓN.
O curso abranguerá desde o día 11 de setembro de 2024 ata o día 20 de xuño de 2025, ámbolos dous incluídos.
As entradas e saídas do alumnado serán do seguinte xeito:
*Alumnado de educación infantil (4º, 5º e 6º de E.I.): ENTRADA ---> 09:15h e SAÍDA ---> 14:10h.
* Alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria: ENTRADA ---> 09:15h e SAÍDA ---> 14:15h.
As entradas de todo o alumnado efecturanse pola PORTA PRINCIPAL ás 9:10h (por favor, respecten o horario de entrada ao recinto) e as saídas ao medio día pola CANCELA TRASEIRA (SAÍDA AOS BUSES)
As nais, pais ou titoras/es do alumnado de educación infantil poderán entrar ao centro para deixalos, pero non para recollelos, xa que a saída se efectua pola cancela traseira, a onde sairán acompañados do profesorado.
* Alumnado que asista ao comedor escolar e marche a casa sen ser transportado.
A este alumnado pasarán a recollelo, entrando pola PORTA PRINCIPAL cara ao edificio nº 1, as nais/pais, titoras/es legais ás 15:30h.
O alumnado que asiste ao comedor e é usuario do transporte sae do centro os luns, mércores e venres ás 15:00 h, e os xoves e venres ás 15:35h.
Ao igual ca o pasado curso, as nais, pais e titoras/es legais do alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria non entrarán ao colexio nin para deixalos nin para recollelos. Deixaranos na respectiva porta e o profesorado encargarase de entregalos ás saídas na porta que corresponda.
MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Dom, 01/09/2024 - 11:52
MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-2025
4º E.I. - 5º E.I. - 6º E.I.
LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025
LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025
Recollida de libros de texto de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria
5 de setembro
10:30 a 13:00 horas
COMEDORES ESCOLARES 2024-2025
AVISO IMPORTANTE!
COMEDORES ESCOLARES CURSO 2024-2025
1º O alumnado que pagou o comedor durante o curso 23-24 que pase polo centro a recoller os impresos do mes de xuño (para todas aquelas persoas que non o teñan xa pagado).
2º O alumnado que vaia usar o comedor o curso 2024-2025 ten que descargarse os impresos de solicitude, o autodeclaración do comedor escolar (aquí) e enchelos. Logo pasar polo centro para entregalos (tamén teremos a vosa disposición eses impresos no centro).
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 24-25
- Fondo solidario de libros de texto para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P.
- Axudas para a adquisición de libros de texto (alumnado de 1º e 2º E.P. e o que teña discapacidade dun 65% polo menos) (A adquisición de libros de texto realizarase, preferentemente, a través das librarías/establecementos da zona de referencia do centro educatvo).
- Material escolar (1º a 6º de E.P.)
INFORMACIÓN XERAL para familias - Curso 2024-2025 presentación do 21/05 ao 21/06, incluídos
Procedemento ED330B
Orde do 07de maio de 2024 (DOG do 20/05) Enlace ao Diario oficial de Galicia
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, facendo clic aquí.
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente nos centros: enlace aos Anexos I e II.
Para máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace - Manual de usuario para os cidadáns: enlace
PAGO TELEMÁTICO DO COMEDOR ESCOLAR
PAGO TELEMÁTICO DO COMEDOR
Como informamos no mes pasado, este curso, quen o desexe, pode realizar o pago dos recibos do comedor por vía telemática. Para isto necesitamos darnos de alta na web de ABALAR, non no móbil. A ruta para configuralo é a seguinte:
Entrar na web de Abalar https://www.edu.xunta.gal/abalar e ir ao Espazo familias. Unha vez aquí debemos pinchar en “Ver alumno”; baixar pola pantalla ata o apartado de “Accións” e pinchar en “Subscrición”. Aquí aparecen as posibilidades de modificar diferentes datos e no final pode verse o apartado “Recibir notificacións de publicación do recibo de comedores”; e xa por último, activar en “Recibir correo-e” e “Gardar”.
Desta maneira pode pagarse directamente vía telemática, que será máis cómodo, e non necesita presentar xustificante no centro.
A principios de cada mes temos que entrar na web de Abalar e no apartado “Información” pinchar en “Servizos complementarios”, aquí apareceranos a función “CIXTEC” que nos permite realizar o pago.
Neste caso o ABALAR non envía aviso de que está dispoñible o pago, tan só envía un correo electrónico, polo que ou ben miramos o correo ou ben entramos na web de ABALAR para ver se está o recibo.
CEIP Veleiro Docampo
Comezo do curso escolar 2023-2024
O DÍA 11 DE SETEMBRO ENTRAREMOS AO CENTRO, ÁS 09:15h, TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA (ALUMNADO, PAIS, NAIS, TITORAS/ES) ONDE O DIRECTOR PRESENTARÁ O NOVO CURSO E COMENTARÁ ALGÚNHAS LIÑAS BÁSICAS. SEGUIDAMENTE, O ALUMNADO ENCAMINARASE Á SÚA AULA COA TITORA/OR QUE TEN ASIGNADA.
O curso abranguerá desde o día 11 de setembro de 2023 ata o día 21 de xuño de 2024, ámbolos dous incluídos.
As entradas e saídas do alumnado serán do seguinte xeito:
*Alumnado de educación infantil (4º, 5º e 6º de E.I.): ENTRADA ---> 09:15h e SAÍDA ---> 14:10h.
* Alumnado de 1º, 2º, 3º e 6º de educación primaria: ENTRADA ---> 09:15h e SAÍDA ---> 14:15h.
As entradas e saídas efecturanse pola PORTA PRINCIPAL
As nais, pais ou titoras/es do alumnado de educación infantil poderán entrar ao centro para deixalos e recollelos.
*Alumnado de 4º e 5º de educación primaria: ENTRADA ---> 09:15h e SAÍDA ---> 14:15h
As entradas e saídas efectuaranse pola PORTA DE MADRUGADORES.
O alumnado de 4º e 5º E.P. accederán ao edificio nº1 pola porta principal do edificio.
* Alumnado que asista ao comedor escolar e marche a casa sen ser transportado.
A este alumnado pasarán a recollelo, entrando pola PORTA PRINCIPAL cara ao edificio nº 1, as nais/pais, titoras/es legais ás 15:30h.
Ao igual ca o pasado curso, as nais, pais e titoras/es legais do alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria non entrarán ao colexio nin para deixalos nin para recollelos. Deixaranos na respectiva porta e o profesorado encargarase de entregalos ás saídas na porta que corresponda.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »