Iniciar sesión: Acceso

Luns 25 de maio

Como foi a fin de semana? Agardo que a desfrutarades.

Comezamos o luns? Veña que nos acompaña Balbino cunha das súas novas reflexións. Desta volta imos falar, canda el, da emigración. Facede memoria, os emigrantes galegos foron aqueles se trasladaron a outro buscando novas oportunidades. No capítulo 6 de Memorias dun neno labrego, Balbino cóntanos como seu irmán Miguel marcha a América, e as opinións que teñen dese lugar o seu avó, ao que el chama o padriño, e o seu pai. Aquí vos deixo o audio: https://drive.google.com/open?id=1WjbifapCeEMpVXzQRREIhSS7PBkBb7Z2 Despois imos analizar as características da emigración galega con esta tarefa: https://drive.google.com/open?id=1YlYDy4gveZmDxW76WcI41PUj36A9MDLy

Seguimos ademais coas figuras. Xa case estamos rematando este repasiño. Hoxe tócannos as figuras curvas. Súper fácil, xa veredes: https://drive.google.com/open?id=1fYtmi8eDLBW15sUiTUj5WtnPTFJoXtim

Rematamos o día, cunha tarefa moi sinxela que nos axudará a representarnos dende unha visión positiva. Recordade que, como vimos o venres, a autoestima é importante para ter unha boa saúde. Temos que querernos moito a nós mesmos! https://drive.google.com/open?id=1b-S1oeliOp-J670R_hyFlUSJsGxTavp_

Moito ánimo nesta nova semana!

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais