VENRES 22 DE MAIO
Moi bo día!
Hoxe é venres, comeza a fin de semana e seguro que xa estades cansos de repasar, polo que vos propoño facelo dunha forma máis divertida.
Déixovos por aquí un dominó de sumas. O funcionamento é moi sinxelo. O que tedes que facer e unir cada resultado coa súa suma correspondente. Se queredes facelo máis difícil podedes poñer un tempo para poder poñer ficha, ou fabricar vós un dominó con operacións máis complicadas. Espero que o desfrutedes. Ademais estou segura de que melloraredes moito o voso cálculo mental.
https://drive.google.com/file/d/1EGEQlp66eYKDBqc5l9Dg0dHwPUzG4Oev/view?usp=sharing
Se tedes dúbidas ou precisades poñervos en contacto comigo por calquera motivo podedes facelo a través do e-mail: alptcercio@gmail.com
Un saúdo e moito ánimo.