Iniciar sesión: Acceso

VENRES 15 DE MAIO

Moi bo día! 

Fai unhas semanas propúxenvos unha actividade de pintar mandalas, é un gran exercicio  para mellorar a concentración e axuda a relaxarse. Pois hoxe propóñovos que creedes os vosos propios mandalas, para iso déixovos un vídeo que vos explica como podedes facelo. Espero que vos guste. 

https://www.youtube.com/watch?v=2Zs1pQ3mCx4

Tamén vos quería propoñer un par de xogos con palabras para pasar a fin de semana. Pódense adaptar a moitas idades. 

O primeiro deste xogos é a cadea de palabras. É un xogo moi sinxelo para o que non precisades ningún tipo de material. A persoa que comeza o xogo di unha palabra e a seguinte debe dicir unha palabra que comece pola última letra da palabra antes dita. Tamén se pode xogar encadeando sílabas en lugar de letras. Todo dependerá do nivel dos xogadores e das regras que decidades establecer ao comezo da partida. Recordade ter coidado coa ortografía ;)

O segundo dos xogos é a lotería do abecedario. Para este xogo necesitaredes lapis e papel. Nunha folla de papel debedes escribir todas as letras do abecedario e deixar un oco ao lado delas para escribir. A continuación cada xogador debe buscar unha palabra que comece por cada  letra do abecedario. Gañará a persoa que complete antes a súa lista de palabras. Podedes introducir todas as variantes que queirades no xogo como poñer un temporizador, dar puntuación por orixinalidade, quitar puntos por faltas de ortografía, etc. Podedes poñer as regras que prefirades. 

Por último tamén vos adxunto un documento con unha lectura e as súas actividades. 

https://drive.google.com/open?id=1f2WMy8CqCRGc6UkjOBHNUOblutnlzwxK

Se tedes dúbidas ou precisades poñervos en contacto comigo por calquera motivo podedes facelo a través do e-mail: alptcercio@gmail.com

Un saúdo e moito ánimo. 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais