23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO
Moi bo día!
Hoxe é o DÍA DO LIBRO e para celebralo vouvos deixar por aquí uns enlaces, a través dos cales poderedes acceder a libros de lectura de forma gratuíta. Poderedes empregar calquera dispositivo electrónico para poder lelos (teléfono móbil, tablet, ordenador, libro electrónico, etc.)
En primeiro lugar quero falarvos da plataforma Galiciale a través desta poderedes acceder ao catalogo de libros da rede galega de bibliotecas. O único que precisades e ser usuarios dunha biblioteca pública, no caso de que non sexa así o único que tedes que facer é rexistrarvos. Neste catálogo poderedes atopar libros en galego, castelán, inglés e outros idiomas. Tamén teñen libros musicais e incluso películas.
A Editorial Anaya puxo a disposición de todo o mundo un enlace no que poderedes acceder a libros de lectura de forma gratuíta. So tedes que clicar enriba do título do libro e xa o poderedes ver.
https://leeencasa.grupoanaya.es/noticia/73_disfruta-de-libros-gratis-para-ninos/
Un saúdo, moito ánimo e seguimonos lendo por aquí.