Iniciar sesión: Acceso

Mércores 1 de abril

Veña, arriba! Xa estamos na metade da semana!

Como calquera mércores, hoxe traiovos tarefas relacionadas coas matemáticas e co galego. As de hoxe serán as mesmas para 5º e para 6º.

En mates imos seguir repasando os divisores. Hoxe recordamos algúns criterios de divisibilidade. Non vos preocupedes, xa o vimos na clase! Neste vídeo refrescaranvos a memoria: https://www.youtube.com/watch?v=0UwRrwexMXg . Ademais, aquí tedes algúns exercicios para practicar: https://drive.google.com/open?id=1-TWTqaCnGpgoHpnvYDymSSBwztFI3O2s .

En galego imos ampliar as clases de palabras que coñecemos. Máis ben, imos facer memoria. Hoxe fálovos do nome, do adxectivo e dos determinantes e propóñovos algunhas actividades: https://drive.google.com/open?id=1BXILk7kPNgVhzypwXyDOBZ2Jacut4HeX . Como ademais tiña moitas ganas de lervos, podedes escoitarme lendo o texto que eu mesma escribín neste enlace: https://drive.google.com/open?id=1wckTgSbUyG28IOtwfBrGIwQO3DDBao1S

Recordade que se hai algún enlace que non funcione podedes copialo e pegalo directamente na barra do buscador, senón non dubidedes en escrbirme. 

Agardo que vos sexa de axuda! Moito ánimo!

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais