Iniciar sesión: Acceso

LUNS 23 DE MARZO

Bo día!

Hoxe para traballar a estimulación da linguaxe oral propóñovos varias actividades. 

  • A primeira é unha actividade de sopro. Colleremos unhas boliñas de papel ou pelotiñas que pesen pouco e realizaremos un pequeno labirinto (que vos deixo en adxuntos), tamén poden facer un recorrido que vos marquedes no chan, na mesa... A idea e que sexan capaces de completar o recorrido sen saírse, deste xeito deben controlar a forza coa que sopran.

https://drive.google.com/open?id=1nxle7EceRdNBDFRj489MMkvFtS6YiG3-

  • A continuación podedes realizar praxias seguindo este vídeo de youtube. 
  • Para traballar a discriminación auditiva propóñovos que xoguedes ás estatuas. Moverédesvos ao ritmo da música e cando esta cese teredes que quedar como estatuas. Traballamos aquí a diferenza entro son e silencio. Este xogo pode ser adaptado ás vosas necesidades. Tamén se pode facer co xogo da cadeira ou con outros que vos coñezades. 
  • Por último déixovos en adxuntos unhas instrucións moi sinxelas para a articulación do son /f/.

https://drive.google.com/open?id=1_KMIwN6z7C3sFK9J4fcjLUh3mnDeh4j_

No que se refire á lectoescritura  adxúntovos dúas fichas. Unha pensada para os máis pequenos/as, que se están iniciando na lectura e escritura, e outra para nenos/as máis maiores, para que traballen a comprensión.  

https://drive.google.com/open?id=11DIR2L0WVJnMqAfIeorjS3744lB_WFqf

https://drive.google.com/open?id=1QBDGPQ2N3t3CJg99NXf6YkYmGaUps0m8

Un saúdo e moito ánimo. 

 

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais