Traballo para o mércores 17 de xuño
Que tal estades? Sigo compartindo con vós traballos:
Reloxos de sol, catalexos e instrumentos musicais
E, por último, a que me fai máis ilusión, este vídeo que vos fixen co conto que creastes entre todos. Agardo que vos guste moito.
Lendo e escoitando este conto penso que ás veces cando algo nos parece mal enfadámonos moito e non damos controlado o noso carácter. Despois, cando xa se nos pasa, sentímonos mal porque non lles falamos ben a outras persoas que non o merecían. Hoxe imos facer unha Stress Ball, con un balloon (globo), para que cando isto ocorra, o apretemos e xoguemos con el ata que se nos pase o enfado (tamén serve para cando estamos nerviosos).
Tedes neste vídeo os pasos para facelo: Stress ball
Tamén vós comparto esta actividade. Imos facer maxia para crear un arco da vella con solo 3 materiais: rotuladores, papel de cociña e auga. Como facer un arco da vella
Finalmente, déixovos aquí unha ligazón con xogos para que repasedes algo de ciencias: Xogos ciencias naturais
Ata mañá!