Traballo para o martes 16 de xuño
Ola familias!
Antes de rematar o curso quero ensinarvos algunhas das actividades que me fostes mandando e que tiña pendentes de compartir. Sen dúbida, unha das que máis me gustou foi a dos monicreques. Un gran traballo por parte dos papás e de todos vós! Aquí vos deixo as creacións dos vosos compañeiros e a presentación de cada un:
Imos xogar ao quen é quen:
-
A cal lle gusta bailar?
-
Que come Picapica?
-
Quen vive en Val?
-
Quen ten catro anos?
-
Que lle gusta ao monicreque José Luis?
-
Quen vive nunha cova?
-
A quen lle gusta que lle rasquen a barriga?
-
Quen ten un amigo que se chama Cotote?
Pregunta: como xogará a conexa María ao fútbol? A ver se me dades unha resposta creativa.
Repasade aquí, coas vosas fotos, o que era a simetría. Saberiades dicir cales son simétricos e cales asimétricos?
Xa, para irnos despedindo do curso, que vós parece se me contades os planes que tedes de cara a este verán. Ides ir a algún sitio de vacacións? Vades facer algo especial nas vosas casas? Tedes pensado visitar algún lugar ou facer algunha actividade? Podédesme escribirme un email (correo electrónico) para contarmo. Aqueles que o prefirades podédelo facer por carta e sacarlle foto.
Lémbrovos como se facían os correos aquí.
Pasade un bo día!