Audición e Linguaxe
MÉRCORES 22 DE ABRIL
Enviado por Anónimo o Mér, 22/04/2020 - 08:31Moi bo día!
Hoxe comezaremos traballando o sopro. Para poder levar a cabo o noso exercicio precisamos un vaso, unha palliña e auga. A actividade consiste en soprar pola palliña e conseguir facer burbullas, unha vez conseguido isto pedirémoslle ao neno/a que beba pola palliña. Así traballaremos tanto a espiración como a inspiración bucal.
Déixovos por aquí un enlace a un vídeo de youtube para realizar praxias.
MARTES 21 DE ABRIL
Enviado por Anónimo o Mar, 21/04/2020 - 08:48Moi bo día!
Hoxe quero presentarvos unhas novas actividades, trátase da ximnasia cerebral.
A Ximnasia Cerebral é unha técnica que nos axuda a xerar conexións neuronais. Isto permitirá mellorar o noso rendemento, tanto na escola como noutro ámbitos.
LUNS 20 DE ABRIL
Enviado por Anónimo o Lun, 20/04/2020 - 08:49Moi bo día!
No día de hoxe traballaremos o sopro de forma moi sinxela e con unha actividade que seguro vos gusta. Hoxe vamos a inflar globos, no caso de non ter globos podemos empregar guantes, pequenas bolsas de plástico...(é necesario levar a cabo unha vixilancia cando se empregue este tipo de material)
VENRES 17 DE ABRIL
Enviado por Anónimo o Ven, 17/04/2020 - 08:55Moi bo día!
No día de hoxe propóñovos traballar a atención e concentración a través dunha matriz de números.
https://drive.google.com/open?id=1G9W02ah4nBgx_ZHtaiLuixULN3jM1Adq
XOVES 16 DE ABRIL
Enviado por Anónimo o Xov, 16/04/2020 - 08:45Moi bo día!
Volvemos con ganas para traballar a linguaxe oral. Coma sempre comezarei propoñéndovos unha actividade de sopro. Neste caso precisades un vaso ou recipiente similar e unha pelotiña ou pompón que pese pouco. A actividade consiste en conseguir sacar a pelotiña do recipiente mediante o sopro.
Para traballar as praxias deixovos un vídeo con varias ideas.
MÉRCORES 15 DE ABRIL
Enviado por Anónimo o Mér, 15/04/2020 - 08:30Moi bo día!
Hoxe comezaremos traballando a atención e a concentración, para iso déixovos un documento con matrices de letras. Espero que vos resulte entretido.
https://drive.google.com/open?id=1gNp35R-25BK_DgQI7_M6CCu8GM-uxTXH
MARTES 14 ABRIL
Enviado por Anónimo o Mar, 14/04/2020 - 08:33Moi bo día!
Benvidos a un novo trimestre! Espero que tivésedes unha boas vacacións, dentro do posible.
Vamos comezar coa estimulación da linguaxe oral.
VENRES 3 DE ABRIL
Enviado por Anónimo o Ven, 03/04/2020 - 08:44Bo día!
Hoxe propóñovos pasar un anaco pintando. Isto axudaravos a estar máis relaxados e a traballar a vosa concentración. Déixovos por aquí uns debuxos descargados da páxina web https://www.orientacionandujar.es/. Os debuxos pertencen ao artista M. Lange.
2 DE ABRIL
Enviado por Anónimo o Xov, 02/04/2020 - 08:53Bo dia!
Hoxe volvemos con gañas para traballar a linguaxe oral.
Comezaremos cun un xogo de sopro, para iso déixovos o enlace a un vídeo de youtube no que se explica como facer un gusaniño co que poderemos facer carreiras de sopro.
2 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO
Enviado por Anónimo o Xov, 02/04/2020 - 08:34Moi bo día!
Hoxe 2 de abril conmemoramos o día mundial da concienciación sobre o autismo.
No ano 2007 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas instaurou este día co obxectivo de poñer de relevo a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con trastorno de espectro autista (TEA).
Cada ano se levan a cabo campañas para tentar acadar ese obxectivo.