Audición e Linguaxe
MÉRCORES 6 DE MAIO
Enviado por Anónimo o Mér, 06/05/2020 - 09:34Moi bo día!
Un día máis propóñovos un vídeo para que poidades seguir practicando a ximnasia cerebral. Espero que os retos que vos propoñen sexan interesantes e vos resulten útiles.
MARTES 5 DE MAIO
Enviado por Anónimo o Mar, 05/05/2020 - 09:29Moi bo día!
Hoxe propóñovos unha actividade de sopro moi divertida. Consiste en facer flotar unha pelota. Déixovos un vídeo no que vos explicaran como fabricar o material para poder realizar este xogo.
LUNS 4 DE MAIO
Enviado por Anónimo o Lun, 04/05/2020 - 09:15Moi bo día!
Comezamos o mes e a semana poñendo en marcha o noso cerebro, para iso déixovos un vídeo de ximnasia cerebral. Espero que vos guste.
XOVES 30 DE ABRIL
Enviado por Anónimo o Xov, 30/04/2020 - 10:06Moi bo día!
Hoxe comezamos co sopro. A actividade que vos propoño hoxe é a de soprarlle a un muiño de vento. Algúns de vós seguro que tedes un muiño pola casa, para aqueles que non o teñades déixovos un vídeo no que se explica como se pode fabricar un de forma moi sinxela.
MÉRCORES 29 DE ABRIL
Enviado por Anónimo o Mér, 29/04/2020 - 09:42Moi bo día!
Hoxe volvemos traballar a ximnasia cerebral, déixovos outro vídeo, espero que esteades a desfrutar deste tipo de actividades.
https://www.youtube.com/watch?v=OAJjYOIu5fo
Ademais déixovos unha lectura coas súas correspondentes preguntas de comprensión.
VELOCIDADE LECTORA
Enviado por Anónimo o Mar, 28/04/2020 - 09:40Moi bo día!
Xa levamos unhas semanas traballando a velocidade lectora a través duns documentos que vou deixando por aquí. Quería recordarvos que debedes de seguir a orde das fichas pois están pensadas para ir aumentando a dificultade. Non esquezades que non debedes pasar á seguinte fase senón completastes con éxito a anterior.
Vou deixar aquí todas as fichas que levamos ata o momento. Cada xoves subo unha nova.
MARTES 28 DE ABRIL
Enviado por Anónimo o Mar, 28/04/2020 - 09:34Moi bo día!
Hoxe comezamos traballando o sopro, para iso vamos empregar unha palliña e pequenos anacos de papel. A actividade consiste en aspirar os papeis a través da palliña e poder trasladalos dun lado a outro. É un exercicio un tanto complexo, polo que non pasa nada se non vos sae.
Adxúntovos un dado para realizar praxias. No caso de non poder imprimilo xa sabedes que o podedes fabricar de forma sinxela na casa.
LUNS 27 DE ABRIL
Enviado por Anónimo o Lun, 27/04/2020 - 09:20Moi bo día!
Comezamos a semana con ganas e para iso nada mellor que un pouco de ximnasia cerebral. Espero que o vídeo de hoxe vos resulte útil e entretido.
https://www.youtube.com/watch?v=cPO2T_3gdFk
No que respecta á lectoescritura adxúntovos unhas actividades moi sinxelas con palabras.
VENRES 24 DE ABRIL
Enviado por Anónimo o Ven, 24/04/2020 - 09:59Moi bo día!
Hoxe vamos xogar a facer carreiras de sopro. So necesitamos algún obxecto lixeiro (pelotiñas, pompón, anacos de papel...) e un lugar no que realizar a carreira (o chan, unha mesa, o sofá...). Gañará a persoa que chegue antes co seu obxecto á meta. Pódese ir modificando o tipo de sopro. Primeiro facémolo cun so soprido, despois con pequenos sopros e incluso soprando polo nariz. Desfrutade do xogo.
XOVES 23 DE ABRIL
Enviado por Anónimo o Xov, 23/04/2020 - 09:51Moi bo día!
Hoxe volvemos forte para traballar a ximnasia cerebral, déixovos un novo vídeo que espero vos guste.