Pedagoxía Terapéutica
ADDENDA AO MÉRCORES 3 DE XUÑO
Enviado por Anónimo o Xov, 04/06/2020 - 09:32Moi bo día!
Onte debido a un erro non se subiron as actividades previstas, polo que as vou subir hoxe. Pídovos perdón polas molestias que puidera ocasionarvos.
Adxúntovos unhas fichas de cálculo. Xa sabedes que so debedes facer aquelas operacións que se adapten ao voso nivel.
XOVES 4 DE XUÑO
Enviado por Anónimo o Xov, 04/06/2020 - 08:58Moi bo día!
Hoxe vamos traballar o razoamento lóxico a través dunhas actividades de diferentes niveis. Espero que vos resulten útiles e divertidas.
https://drive.google.com/file/d/1Ak041iQNy6dTqeS6ZEQBXW5R97UiA26h/view?usp=sharing
MARTES 2 DE XUÑO
Enviado por Anónimo o Mar, 02/06/2020 - 09:38Moi bo día!
Hoxe adxúntovos un documento con unhas actividades moi sinxelas coas que repasar as unidades, decenas e centenas.
https://drive.google.com/file/d/1-ru7k9sj66xIiYTojjAslhjb9wRltAam/view?usp=sharing
LUNS 1 DE XUÑO
Enviado por Anónimo o Lun, 01/06/2020 - 09:21Moi bo día!
Hoxe, como cada luns, comezamos traballando un pouco o razoamento a través de problemas. Recordade que deixo problemas de varios niveis, facede so aqueles que se adapten a vós.
https://drive.google.com/file/d/1W_GqwOdjWtnqvNvm9ioMk92-i9v2E0F_/view?usp=sharing
VENRES 29 DE MAIO
Enviado por Anónimo o Ven, 29/05/2020 - 10:28Moi bo día!
A fin de semana xa está aquí e por iso vos quero propoñer un xogo. Hoxe déixovos un dominó de sumas e restas. A dinámica é moi sinxela. Hai que unir a operación co seu resultado. Xa sabedes que o podedes imprimir, fabricalo vós e incluso usar outras operacións.
XOVES 28 DE MAIO
Enviado por Anónimo o Xov, 28/05/2020 - 09:06Moi bo día!
Hoxe propóñovos unha serie de actividades para traballar o razoamento lóxico. No documento que vos adxunto hai fichas de varios niveis polo que algunhas serán moi doadas e outras non tanto.
https://drive.google.com/file/d/1yJWCPt3pbZAGyxZRa6J0EmMn84xRWbZ8/view?usp=sharing
MÉRCORES 27 DE MAIO
Enviado por Anónimo o Mér, 27/05/2020 - 09:31Moi bo día!
Hoxe é mércores polo que traballaremos o cálculo a través de operacións. Recordade facer aquelas que se adapten ao voso nivel.
https://drive.google.com/file/d/1Kv1yRU8I12J2nvxJEaWqIgeAUaNofdZK/view?usp=sharing
MARTES 26 DE MAIO
Enviado por Anónimo o Mar, 26/05/2020 - 08:57Moi bo día!
Hoxe propóñovos unha actividade un tanto diferente. Trátase dunha sopa de números coa que tamén traballaredes os conceptos de unidades, decenas e centenas. Espero que vos guste.
https://drive.google.com/file/d/1EarTGVS-rxoR-dKEojeX0s7xcUHnK7cR/view?usp=sharing
LUNS 25 DE MAIO
Enviado por Anónimo o Lun, 25/05/2020 - 09:25Moi bo día!
Hoxe como cada luns vamos facer uns problemas. Recordade que so tedes que facer aqueles que se adapten ao voso nivel.
https://drive.google.com/file/d/14r3uDHsjBKdcIynca0oULcartRrvoMzx/view?usp=sharing
VENRES 22 DE MAIO
Enviado por Anónimo o Ven, 22/05/2020 - 09:21Moi bo día!
Hoxe é venres, comeza a fin de semana e seguro que xa estades cansos de repasar, polo que vos propoño facelo dunha forma máis divertida.