Iniciar sesión: Acceso

A Galiña de Mos

Tivemos durante as derradeiras semanas de clase a compañía duns amigxs moi especiais que foron medrando baixo a atenta mirada do noso alumnado. 

Unha vez se produciu o seu nacemento, tivemos a visita dos seus "papás" para contarnos importantes aspectos das Galiñas. 

Moitas gracias por confiar no Varela Buxán como coidadores. 

Tardes en Familia

Nunha nova xornada de Tardes en Familia recibimos a visita de Carlos, do ximnasio Ferros.

 

Púxonos en forma, como se pode ver nas imaxes. Gracias Carlos!

 

 

ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS COMEDORES ESCOLARES

Documentación a presentar antes do 01/09/2024

Podedes facer o cálculo da renda a través do seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

e descargar o modelo de autodeclaración e especificacións no seguinte adxunto:

 

 

BASES E CONVOCATORIA DE BOLSAS COMPLEMENTARIAS AO ESTUDO DO CONCELLO DE LALÍN PARA O VINDEIRO CURSO 2024/2025.

As solicitudes e os anexos están dispoñibles:

- Na sede electrónica do Concello de Lalín: lalin.sedelectronica.gal/info.0

- Presencialmente:  na recepción do Concello e da Concellería de Política Social ( 2ª planta)

O prazo estará aberto dende o día 11/06/2024 ata o día 01/07/2024 ambos incluídos.

 Para máis información consultar o arquivo adxunto

LETRAS GALEGAS 2024

O 14 de Maio celebramos o Día das Letras Galegas co escpectáculo  "Con V de violín e de Villalta" a cargo do mago Martín Camiña.

Un espectáculo máxico e literario, cargado de ilusción sustentado na poesía, narrativa e sorpresas da vida e obra de Luisa Villalta, a homenaxeada este ano.

Dende "Música reservada" e "Ruído", pasando por "En concreto" e polas cordas imaxinarias do seu violín, xerou unha trama tecida na arte do encantamento das palabras desta ilusionista da escrita, nun acto escénico máis raro, máis estraño e máis abraiante que escoitar galego no centro da Coruña.

O alumnado disfrutou dunha actuación chea de maxía e ilusión en directo.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

A Orde do 7 de maio de 2024, (DOG do 20 de maio de 2024), recolle o procedemento polo que se levarán a cabo as solicitudes de axudas para libros e material escolar.

  Prazo de presentación das solicitudes e devolución dos libros para incorporación ó fondo solidario será ata o 21 de xuño (este incluído).

 Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro. (Se a presentación é por vía electrónica deben presentar unha solicitude por cada fillo).

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros , a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: Tamén poderán presentarse no centro.

 Documentación a achegar coa solicitude:

 Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

 Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2022, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

 Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 Certificado ou volante de convivencia.

 Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 Solicitude

 Formulario ED330B (anexo I - anexo II) para imprimir.

PLAN DIRECTOR

 

Nas pasadas semanas recibimos a visita dunha axente da Garda Civil para realizar uns talleres contra o Acoso e sobre o coñecemento da unidade de coidado do medioambiente, SEPRONA. 

Gracias por vir!

Distribuir contido

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais