Campaña No a la guerra contra la infancia de Save The Children

Enviado por admin o Mar, 29/03/2022 - 02:42

No CEIP Valle-Inclán sumámonos á campaña #noalaguerracontralainfancia de Save The Children. Esta guerra é o resultado de moitos anos de conflitos e tensións entre Rusia e Ucraína e, como sempre sucede nestes casos, acaban sufrindo as consecuencias os e as inocentes.
Co acto que levamos a cabo no colexio queremos concienciar á sociedade do destrutivas que son as guerras e que os problemas os temos que solucionar dialogando.

Os e as representantes do Club de Convivencia leron o Manifesto desta ONG e plantamos xirasoles nunha zona do noso patio, flor nacional de Ucraína que representa para elas e eles resistencia e paz.

As cores da bandeira de Ucraína locen na porta do colexio, feita con lazos azuis e amarelos, e os debuxos dos xirasoles xa colgan no noso Corredor da Paz, Sadako Sasaki, xa que nel xuntamos máis de 2.000 grúas de papel fai uns anos e converteuse en símbolo de Paz para nós.

Fixémolo en marzo porque este é un mes moi significativo. O 15 de marzo cúmprense 11 anos do inicio da guerra de Siria e o 26 fai 7 dende que comezou a de Iemen. Este acto serve para que reflexionemos e intentemos parar todas as guerras que hai no mundo, xa que esta é unha máis de moitas.

Xuntos faremos un mundo mellor.

Moita xente pequena, en lugares pequenos facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo. Club de Convivencia do CEIP Valle-Inclán de Vigo.

 

AdxuntoTamaño
NonÁGuerraContrAINfancia.png3.5 MB
1648201647861.jpg343.68 KB
1648201647866.jpg83.3 KB
1648201647871.jpg164.46 KB
1648201647877.jpg106.55 KB