NOVAS DO CENTROEventos
Iniciar sesión |
ORDES MECO, ENTROIDO 2022Enviado por admin o Sáb, 19/02/2022 - 05:47
ATENCIÓN, ATENCIÓN!! O Meco entra en acción!! Estas son as ordes acumulativas de Don Ramón. Pon o ollo e a orella que comeza a diversión:
LUNS, 21 DE FEBREIRO: Se o luns no cole queres tolear, algo na testa debes levar.
MARTES, 22 DE FEBREIRO: Dende a mañá ata o solpor, un calcetín de cada cor o martes tes que pór.
MÉRCORES, 23 DE FEBREIRO: O Meco, como bo vigués, manda este mércores traer... unha prenda do revés!
XOVES, 24 DE FEBREIRO: Non todo é mandar! O xoves tócache innovar. Un disfrace libre podes levar!
VENRES, 25 DE FEBREIRO: O Entroido no Valle toca ao seu fin cunha festa para xogar e rir. No desfile poderás danzar e os nosos disfraces brillarán. ( categories: )
|