Emisión nº 47

Esta semana, os nosos presentadores e presentadoras traballaron con dedicación para traernos as noticias máis destacadas do colexio e a contorna. Ademais, convertéronse en verdadeiros profesionais, dándonos entrevistas e reportaxes nos que puxeron todo o seu empeño. 

E temos unha gran novidade para compartir! 

A partir de agora, os máis pequenos do colexio, os alumnos de infantil, terán unha sección propia, no noso telexornal escolar. Esta nova incorporación permitiralles ser parte activa de TV-Inclán, achegando a súa visión única e encantadora sobre o día a día no colexio.

Baixo a supervisión das/os súas/seus profes, os pequenos e pequenas explorarán os seus propios temas e gravarán as súas reportaxes, dándonos a oportunidade de ver o mundo a través dos seus ollos curiosos e cheos de imaxinación. Serán os encargados de presentar as súas seccións, con toda a frescura e espontaneidade que os caracteriza. 

Moitas grazas.