AVALIACIÓNS DIAGNÓSTICO EN 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as Comunidades Autónoma a realización das probas de avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4º curso de Educación Primaria e 2º curso de Educación Secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril de 2024.
Xa dispoñemos na nosa web dun "Punto Laranxa Virtual" (ver icona na marxe dereita). Premendo na imaxe accederase a unha caixa de correo, a través da cal, calquera persoa poderá comunicar, de xeito anónimo posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros.
Nos vindeiros días, tamén se instalará no noso centro un "Punto Laranxe Físico" coa mesma finalidade.
INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2024/2025
O prazo de presentación de solicitudes é do 1 de marzo ao 20 de marzo.
O proceso de admisión poderase facer telematicamente a través da aplicación admisionalumnado da Consellería de Educación. Poden consultar o decreto polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos aquí.
• Poden descargar a solicitude de admisión (Anexo II) pulsando aqui.
INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTOS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2023/24
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.
Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)
Normativa de aplicación:
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Corrección de erros. Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
12/01/2024
OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS DO CENTRO DE CULTURA POPULAR XAQUÍN LORENZO DA DEPUTACIÓN DE OURENSE
Un curso máis, participamos no programa de "Consumo de Leite e Froitas na escola", por elo, dende o día 21 de novembro ata o 1 de decembro repartiremos froita fresca durante os períodos de lecer.
Segundo se recolle no artigo 7.2 da ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o vindeiro venres 13 de outubro de 2023 terá a consideración de non lectivo, por ser un dos días non lectivos que escolle o centro aprobados pola Xefatura Territorial.