Skip to Content

Ed. física

LIGA DE CARREIRAS ESCOLARES DE O GROVE

COMEZAMOS A LIGA DE CARREIRAS ESCOLARES DE O GROVE. PREME NA IMAXE PARA SEGUIR O BLOG.

FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS PARA CENTROS ESCOLARES 2019

Máis de 70 rapaces e rapazas de 2º a 6º de Primaria disfrutaron o Mércores 13 de Novembro dunha xornada de campo a través co resto de colexios da zona do Salnés no circuito da Azucareira, en Portas. Aquí tedes a reportaxe fotográfica desta competición na que o noso cole acadou uns resultados magníficos, conseguindo a victoria por equipos, ademais  de triunfos individuais, na metade de carreiras disputadas, co cal o noso centro estará ampliamente representado no campeonato provincial que se disputará a comezos de 2020. Ao marxe dos resultados, os nosos atletas , e é do que se trata, disfrutaron desta proba, véndose en moitos deles a cara de satisfacción ao cruzar a liña de meta tal como amosan as imaxes.

(premede na imaxe para ver a galería)

PODIUM NO CAMPEONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

Brillante participación dos atletas do noso cole no campeonato galego de campo a través disputado o pasado 11 de Marzo en Vilalba. Amplía a noticia premendo na foto.

CAMPEONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

O pasado domingo día 12 de Febreiro disputouse en San Miguel de Oia (Vigo) o campeonato provincial de campo a través que organiza a Xunta cunha ampla participación de atletas do colexio e cun notable éxito. Na crónica do noso blog "Poñémonos en forma" tedes a noticia ampliada. 

INVESTIGANDO SOBRE...O DÍA DO PEÓN

O alumnado de 3º fixo un traballo de investigación sobre o día do peón: cando se celebra, as diferentes formas de xogar, os tipos de peóns e as súas partes... e como tarefa final, bailaron os trompos na clase de EF, practicando así para a celebración do Magosto.

Podedes ver as fotos dos traballos realizados e das actividades da clase no blog do Equipo de Dinaminazación da Lingua Galega.

INVESTIGANDO SOBRE...A ALIMENTACIÓN

Despois de analizar os resultados da enquisa feita polo alumnado de 6º sobre as merendas do lecer, os alumnos de 4º fixeron un traballo de investigación sobre o día da alimentación e estudaron a pirámide dos alimentos. Como tarefa final, aproveitamos os debuxos feitos por eles para facer un xogo na clase. Este consistíu nunha carreira de relevos no que tiñan que botar a pelota e ao mesmo tempo levar a tarxeta co debuxo dun alimento ao lugar correspondente da pirámide feita cos aros. A conclusión que chegamos todos e todas é que a teoría sabémola moi ben, e agora hai que levala á práctica.

11 de Novembro: Día do peón

Coincidindo coa festividade do San Martiño, o día 11 de Novembro celébrase o Día do peón. Os alumnos de 3º están a investigar sobre este evento. Se premes na imaxe atoparás a información que buscas.

Guía "La buena vida"

Preme na imaxe para abrir a guía "La buena vida". 

Trátase dunha guía sobre hábitos de vida saudable, realizada por INDAGA (Instituto Gallego de Déficit de atención y transtornos asociados) coa colaboración da Consellería de Sanidade.

Carreira Popular Festa do Marisco O Grove

 

Preme na imaxe para inscribirte. (Tes ata o día 6 de Outubro) 

Distribuir contido


by Dr. Radut