CRITERIO COMPLEMENTARIO A ESCOLLER POLO CENTRO
En reunión do Consello escolar celebrada o 19 de Marzo do 2013, aprobouse por total unanimidade que o criterio complementario a escoller polo centro para o proceso de admisión fose o seguinte:
- Ter o domicilio familiar na área de influencia do Centro.
A forma de acreditar este criterio será o mesmo que para o de proximidade do centro educativo ao domicilio familiar, xa tido en conta dentro dos criterios xerais que marca a lexislación vixente.
Como queira que non houbo ningunha proposta de cambio do mencionado criterio, ese vai seguir sendo o que se teña en conta no proceso de admisión para o vindeiro curso 2024-2025, o cal fago constar como Director-Presidente do Consello Escolar.
En O Grove, a 20 de Febreiro de 2024.
O Director