PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN
Informamos de que o periodo de presentación de solicitudes de admisión para alumnado novo será do 1 ao 20 de Marzo.
- Forma de presentación: electrónica e presencial
-Forma electrónica: Entrando en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado con certificado de identidade e sinatura dixital ou sistema de usuario e clave como a Chave 365, cubrindo a solicitude (Modelo ED550B) e presentandoa na sede electrónica da Xunta.
-Forma presencial: Na secretaría do centro posto en primeiro lugar ou en calquera dos rexistros establecidos pola administración para estos casos.
- Documentación a presentar:
-Modelo de solicitude cuberto. Facilitaráselles na Secretaría do Centro. Tamén poden descargalo, cubrilo e /ou imprimilo premendo no seguinte enlace: (Anexo II:Solicitude de admisión)
-Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia).
-Certificado de matrícula do curso actual (agás para 4º de Ed. Infantil).
-Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.
Importante: Só se atenderá no horario de Secretaría (luns, martes, mércores e xoves de 09:40 a 10:30 h., venres de 13:50 a 14:40).
A Dirección