INVESTIGANDO SOBRE...A ALIMENTACIÓN
Despois de analizar os resultados da enquisa feita polo alumnado de 6º sobre as merendas do lecer, os alumnos de 4º fixeron un traballo de investigación sobre o día da alimentación e estudaron a pirámide dos alimentos. Como tarefa final, aproveitamos os debuxos feitos por eles para facer un xogo na clase. Este consistíu nunha carreira de relevos no que tiñan que botar a pelota e ao mesmo tempo levar a tarxeta co debuxo dun alimento ao lugar correspondente da pirámide feita cos aros. A conclusión que chegamos todos e todas é que a teoría sabémola moi ben, e agora hai que levala á práctica.