Skip to Content

blogue deadmin

DÍA NON LECTIVO

Lembramos que, segundo acordo do Consello Escolar e tal como está reflexado no calendario para o presente ano dende o comezo de curso, o próximo luns, día 20 de Maio, será día non lectivo e polo tanto non haberá clase.

                                                                                                                  A Dirección

 

LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

 Educación Infantil (4º curso).

     -         Álvarez Da Silva, Sofía

-         Cáceres Taboada, Valeria

HORARIO XERAL

O horario do noso Centro é de 09:40 a 14:40 horas.

Atención a pais: Os martes de 16:00 a 17:00 horas.

A Biblioteca do Centro permanecerá aberta os luns, mércores e xoves de 16:00 a 18:00 horas.

ÁREA DE INFLUENCIA

Premer no arquivo adxunto que aparece máis abaixo  para ver a zona de influencia do noso centro.

 

CRITERIO COMPLEMENTARIO A ESCOLLER POLO CENTRO

En reunión do Consello escolar celebrada o 19 de Marzo do 2013, aprobouse por total unanimidade que o criterio complementario a escoller polo centro para o proceso de admisión fose o seguinte:

 -   Ter o domicilio familiar na área de influencia do Centro.

    A forma de acreditar este criterio será o mesmo que para o de proximidade do centro educativo ao domicilio familiar, xa tido en conta dentro dos criterios xerais que marca a lexislación vixente.

   Como queira que non houbo ningunha proposta de cambio do mencionado criterio, ese vai seguir sendo o que se teña en conta no proceso de admisión para o vindeiro curso 2024-2025, o cal fago constar como Director-Presidente do Consello Escolar.

                                 En O Grove, a 20 de Febreiro de 2024.

                                                                                                                       O Director

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

(só para novos alumnos)

Do 1 ao 20 de Marzo

 

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA NOS CASOS EN QUE HAXA MÁIS DEMANDA QUE OFERTA DE POSTOS

 

Do 21 de Marzo ao

11 de Abril

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

25 de Abril

RECLAMACIÓNS ás listas provisionais

Do 26 de Abril ao 4 de Maio

RESOLUCIÓN E LISTAS DEFINITIVAS

15 de Maio

IMPUGNACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS

UN MES a contar desde o 16 de Maio

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

 

Do 20 ao 30 de Xuño

VACANTES PARA O CURSO 2024-25

VACANTES PARA O CURSO 2024-25:

 

 4º E. Infantil 

    20* 

5º E. Infantil

   0

6º E. Infantil 

   0

1º Primaria 

     2* 

2º Primaria 

  0

3º Primaria 

   2 

4º Primaria 

   0 

5º Primaria 

   0 

6º Primaria 

  9

 

  * Alumnado con NEAE: tal como establece a lexislación, do total hai que reservar  3 postos escolares por unidade para a escolarización de alumnado con necesidades específicas de atención educativa nos niveis de 4º de Ed. Infantil e 1º de Primaria.

   

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Informamos de que o periodo de presentación de solicitudes de admisión para alumnado novo  será do 1 ao 20 de Marzo.

 

  • Forma de presentación: electrónica e presencial   

            -Forma electrónica: Entrando en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado con certificado de identidade e sinatura dixital ou sistema de usuario e clave como a Chave 365, cubrindo a solicitude (Modelo ED550B) e presentandoa na sede electrónica da Xunta.

             -Forma presencial: Na secretaría do centro posto en primeiro lugar ou en calquera dos rexistros establecidos pola administración para estos casos.

 

  • Documentación a presentar:

             -Modelo de solicitude cuberto. Facilitaráselles na Secretaría do Centro. Tamén poden descargalo, cubrilo e /ou imprimilo premendo no seguinte enlace: (Anexo II:Solicitude de admisión)

             -Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia).

            -Certificado de matrícula do curso actual (agás para 4º de Ed. Infantil).

            -Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

    Importante: Só se atenderá no horario de Secretaría (luns, martes, mércores e xoves de 09:40 a 10:30 h., venres de 13:50 a 14:40).

                                                                                                             A Dirección

 

Distribuir contido


by Dr. Radut