Skip to Content

blogue deadmin

Espazos e dependencias do Centro

O Ceip Valle Inclán ocupa unha superficie total de máis de 5.000 metros cadrados. No espazo exterior  destaca o enorme patio de lecer, a carón mesmo da ría de Arousa, no que atopamos diferentes canchas para practicar deporte, un espazo de xogo acotado para os alumnos de Infantil, un ximnasio, no que se desenrolan a maior parte das clases de Ed Física e aquelas actividades conxuntas nas que participa todo o Centro a modo de salón de actos ocasional, un patio cuberto a carón do anterior, unha ampla zona axardinada con árbores usada a miudo  para actividades prácticas que teñen que ver sobre todo coa área de Coñecemento do Medio e por último un pequeno aparcadoiro.

         No edificio principal, ademáis das aulas nas que se ubican as quince titorías de alumnos existentes, dispoñemos, entre outras estancias propias de calquera centro educativo, de biblioteca, laboratorio, aula de Informática, aula maker, dúas aulas de idiomas, unha de relixión e outra na que se imparten  as clases de psicomotricidade para os máis pequenos. Neste mesmo edificio contamos ademáis con dúas salas para albergar o comedor escolar.

         Por último, no edificio administrativo, ademáis dos despachos  atopamos a oficina de atención ao público, unha sala de xuntas, un local cedido a Anpa e un aula na que se imparte a área de música.

Record de salto de altura

En xornadas pasadas os alumnos de 5º de Primaria estiveron emulando aos grandes saltadores de altura. No seguinte video podedes disfrutar vendo o salto do atleta cubano Javier Sotomayor co que batiu o record do mundo cun increible salto de 2m 45 cm.

 

CLASE DE SURF- Outubro-Novembro de 2013

Quen dixo que non se podía facer surf no colexio?. Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria teñen a resposta....Grazas á escola "Prado Surf" por ensinarnos os segredos deste deporte. 

RELACIÓN DO PROFESORADO DO CENTRO NO PRESENTE CURSO 2014-15

Dna LORENA SÁNCHEZ FRAGA- Titora 4º Infantil

Dna. SILVIA PÉREZ SAMPEDRO- Titora 5º Infantil

Dna. LETICIA PHILIPPON BLANCO –Titora 6º Infantil

Dna.  MARÍA TERESA LORENZO OUTEIRAL- Apoio Infantil

Dna. JOSEFA LÓPEZ LÓPEZ- Titora 1º A

Dna. Mª DEL CARMEN GIL TURNES- Titora 1º B

D. ALEJANDRO RODRÍGUEZ MOREIRA- Titor 2º A

D. FELIPE RADÍO VILAS- Titor 2º B

D. UBALDO COUSO RODRÍGUEZ- Titor 3º A

Dna. LAURA LORENZO DIZ- Titora 3º B

Dna. Mª ISABEL SOUTULLO MAGDALENA- Titora 4º A

Dna. MAURA OCAMPO SÁNCHEZ- Titora 4º B

Dna. MANUELA GONZÁLEZ MARTÍNEZ- Titora 5º A

D. OSCAR ARAGUNDE REY- Titor 5º B

Dna.  LUZ CASTRO CASTRO- Titora 6º A

Dna. ROSALINA FERNÁNDEZ MARTÍNEZ- Titora 6º B

Dna. OLGA Mª ANDRÉS ÁLVAREZ- Ed. Musical

Dna. Mª DEL CARMEN CRESPO PÉREZ - Filoloxía Inglesa

Dna. SILVIA DAPENA LOJO- Filoloxía Inglesa

Dna. Mª DEL CARMEN DOMÍNGUEZ ÁLVAREZ - Relixión

Dna. NOEMÍ LEAL DOVAL- Educación Física

D. RAMÓN LÓPEZ MARÍN- Educación Física

D. RUBÉN LOUREIRO SILVA- Orientador

Dna. ELENA FERNÁNDEZ SERRANO- Pedagoxía Terapéutica

Dna.  MARÍA ELENA FERNÁNDEZ CORRÁS- Audición e Linguaxe 

31 de Outubro- DÍA NON LECTIVO

Estimadas familias:

Lembrámoslles que, tal como establece a orde pola que se establece o calendario escolar para o presente curso, o xoves 31 de Outubro foi declarado pola Consellería de Cultura, Educación e O.U. como día non lectivo, polo que nesta xornada non haberá clase, ao igual que o venres 1 de Novembro, festivo nacional.Atentamente,

                                                                                                                                  A Dirección

FOLGA NO ENSINO 24 DE OUTUBRO

Estimados pais:

Informámoslles de que para mañán xoves 24 de Outubro está convocada unha xornada de folga no ensino e que por tal motivo, sen saber que seguemento vai ter por parte do persoal do Centro, o colexio permanecerá aberto funcionando cando menos os servizos mínimos fixados pola Xunta de Galicia.                                                     

                                                                                               A Dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut