Skip to Content

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2024-25

As xornadas lectivas abranguerán desde o día 11 de Setembro de 2024 ao 20 de Xuño de 2025, ambos inclusive.

Períodos de vacacións:

  • Nadal: desde o día 23 de Decembro de 2024 ata o día 7 de Xaneiro de 2025, ambos inclusive.
  • Entroido: días 3,4 e 5 de Marzo de 2025.
  • Semana Santa:desde o 14 ata o 21 de Abril  de 2025, ambos inclusive.

Días non lectivos:

  • Festas de ámbito estatal, autonómico e/ou local (1 e 11 de Novembro, 6 de Decembro e 1 de Maio).
  • Día do ensino: 31 de Outubro de 2024.
  • Día escollido polo Centro: 2 de Maio de 2025.

HORARIO DE ATENCIÓN NA SECRETARÍA - curso 2024-25

  • LUNS a XOVES: de 09:40 a 10:30 horas. 
  • VENRES: de 13:50 a 14:40 horas.

IMPORTANTE: FÓRA DESTE HORARIO NON SE ATENDERÁN OS TRÁMITES ADMINISTRATIVOS.

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Premendo nos seguintes enlaces poden acceder ás programacións didácticas dos diferentes niveis, tanto de Ed. Infantil como de Primaria,  para o presente curso 2023-24.

MODIFICACIÓN DA CONCRECIÓN CURRICULAR

No ficheiro adxunto as familias poden consultar os criterios que se van ter en conta á hora de decidir a promoción de curso do alumnado en Primaria. Ademáis poden consultar os criterios para conceder a mención honorífica no alumnado de 6º de Primaria. 

                                                                                 A Dirección

FASE PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS PARA CENTROS ESCOLARES 2019

O mércores 12 de Febreiro disputouse en Portas o campionato provincial de campo a través para centros escolares. Despois de vencer en case que todos os cursos na fase comarcal disputada en Novembro, a este provincial acudían máis de 70 rapazas e rapaces do noso cole de segundo a sexto de Primaria. Os nosos atletas disfrutaron enormemente desta xornada deportiva ao marxe de obter uns magníficos resultados:

-A nivel individual:

  • Martina Portela-Segundo de Primaria-2ª
  • Xyan Álvarez-Segundo de Primaria-3º
  • Martiño Domínguez-Terceiro de Primaria-1º
  • Mario Aguín-Terceiro de Primaria-3º
  • Sandra Lamelas-Quinto de Primaria-2ª
  • Marcos Aguiño-Quinto de Primaria-1º
  • Mar Cores-Sexto de Primaria-1ª
  • Noa Novas-Sexto de Primaria-3ª
  • David Benavides-Sexto de Primaria-1º

-Por equipos:

  • Segundo de Primaria:4º
  • Terceiro de Primaria:1º-Campións provinciais
  • Cuarto de Primaria:3º
  • Quinto de Primaria:2º
  • Sexto de Primaria:2º

No ficheiro adxunto  pódense ver os resultados e premendo na imaxe a galería de fotos da proba.

 

 

FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS PARA CENTROS ESCOLARES 2019

Máis de 70 rapaces e rapazas de 2º a 6º de Primaria disfrutaron o Mércores 13 de Novembro dunha xornada de campo a través co resto de colexios da zona do Salnés no circuito da Azucareira, en Portas. Aquí tedes a reportaxe fotográfica desta competición na que o noso cole acadou uns resultados magníficos, conseguindo a victoria por equipos, ademais  de triunfos individuais, na metade de carreiras disputadas, co cal o noso centro estará ampliamente representado no campeonato provincial que se disputará a comezos de 2020. Ao marxe dos resultados, os nosos atletas , e é do que se trata, disfrutaron desta proba, véndose en moitos deles a cara de satisfacción ao cruzar a liña de meta tal como amosan as imaxes.

(premede na imaxe para ver a galería)

Distribuir contido


by Dr. Radut