Actividades
VISITA A CASA DAS CIENCIAS E AO PLANETARIO
Enviado por paula o Mér, 28/11/2018 - 15:41Os nenos e nenas de 2º desprazámonos ata Coruña para visitar a Casa das Ciencias e o Planetario. Alí aprendimos algúns dos misterios que agocha o Espazo e coñecimos un pouco máis o lugar de onde ven o noso amigo o Principiño.
CASA DAS CIENCIAS E PLANETARIO on PhotoPeach
NOVO CURSO
Enviado por paula o Mér, 12/09/2018 - 16:33Un novo curso comeza e con el novas ilusións e proxectos. Este curso que empezamos 2018/2019 temos entre mans un novo Proxecto Documental Integrado. Continuando a viaxe comezada hai dous anos, primeiro en globo a distintos países do mundo, logo adentrándonos na idade media, este ano imos cara o futuro.
Da man de "O Principiño" de Antoine de Saint-Exupéry o cole sumérxese no "Vales para o futuro".
Aquí vos deixo os murais de benvida dos edificios de Infantil e Primaria cara unha nova aventura.
Edificio de Infantil
Edificio de Primaria
SAÍDAS 6º PRIMARIA
Enviado por paula o Mér, 20/06/2018 - 15:57Durante estes dous últimos meses o alumnado de 6º de Educación Primaria participou en varias actividades. Aquí vos deixamos unha mostra de dúas delas.
A visita ao Eroski, onde coñeceron o funcionamento do supermercado.
Un paseo polo Mandeo na Diana Cazadora, onde puideron descubrir a riqueza natural que agocha o noso río.
ADORNOS FLORAIS
Enviado por paula o Xov, 14/06/2018 - 07:52Os nenos e nenas de 1º de Primaria aprendemos a facer adornos florais con Josefina. Pinchade no enlace para ver o obradoiro.
http://ahortademero.blogspot.com/2018/06/aprendemos-crear-con-flores.html
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »