P.E.C.
LIÑA METODOLÓXICA
- Flexibilidade metodolóxica.
- Aprendizaxe significativa. Os alumnos aprenderán, a partir do que xa coñecen, aquilo que ten relevancia para eles e que vai a ser útil na súa vida diaria, xeralizando ó seu contexto social.
- Metodoloxía activa e participativa. Os alumnos aprenderán "facendo" e sendo protagonistas activos. Potenciarase a busca de fontes de información e os agrupamentos flexibles.
- Globalización. Partirase da análise dos coñecementos previos, para chegar á globalización das súas aprendizaxes.
- Adaptación ás necesidades, motivacións en intereses dos alumnos.
- Aprendizaxe de carácter cooperativo. A colaboración e o aprendizaxe cooperativo permiten que os coñecementos sexan moito máis ricos e o proceso máis motivante.
Principios de identidade
Non confesional
Coeducación
Favorecendo a participación equilibrada de ambos sexos.
Formación integral
Participación de toda a Comunidade Educativa.
Integración e non discriminación de ningún alumno polas súas características raciais, sociais e de capacidade persoais.
Convivencia democrática
- Paz, cooperación e solidariedade
- Rexeitando todo tipo de violencia.
- Respecto e defensa da Natureza.
- Potenciación da capacidade de innovación.
- Autoridade
- Baseada no respecto mutuo entre tódolos membros da comunidade Educativa.
Apertura ó entorno
Aberto á actuación e colaboración, dentro da lexislación vixente, de todas aquelas institucións, organizacións ou empresas, de carácter público ou privado que contribúan ó cumprimento dos obxectivos propostos no P.E.C.
Xestión participativa do Centro
Baseada no principio de participación democrática e seguindo o establecido na normativa vixente.
Funcionamento
Horario
- Xornada continuada de 9 a 14 horas.
- Período de adaptación para alumnado de nova incorporación ao centro (3 anos)
Actividades extrescolares
- Atletismo
- Banda de música
- Cociña creativa
- Fútbol Sala
- Karate
- Baile
- Baloncesto
- Patinaxe
- Psicomotricidade
- Teatro
- Tiro con arco
- Ximnasia rítmica
Biblioteca
- Dispón de 9.000 exemplares, aproximadamente.
- Servizos: sala de lectura, préstamo de libros, centro de recursos.
- Horario: luns a venres nos períodos de recreo para asistencia libre. Aberta en todo o horario escolar para actividades curriculares.
Instalacións do centro
Aulas:
13 de Educación Infantil
29 de Educación Primaria
2 Espazos habilitados para Educación Especial
2 Espazos habilitados para Audición e Linguaxe
Aulas equipadas para:
2 Informática
Música
De material de apoio
Sala Multiusos: Comedor, Salón de Actos, Sala de Exposicións, Auditorio...
Biblioteca
Patios:
1 descuberto
1 cuberto
1 para Educación Infantil
Datos xerais
Situación: Betanzos
Procedencia do alumnado: Betanzos, Coirós e Paderne
Nº de alumnos: 980
Nº de grupos:
- 13 de Educación Infantil
- 29 de Educación Primaria
Nº de profesores: 65
Especialidades do profesorado: Educación Primaria, Educación Musical, Educación Física, Inglés, Francés, Audición e Linguaxe, Pedagoxía Terapéutica, Orientadora.
Tipo de Centro: C.E.I.P. (Centro Público de Educación Infantil e Primaria)