RECOMENDACIÓNS LECTURAS VERÁN

Na presentación que segue podedes descubrir interesantes recomendacións de libros para pasar un verán entretido.
Clicando nos libros podedes atopar información sobre eles.
Todos os libros os podedes atopar na nosa biblioteca.
Agardamos que vos sexa útil.
 
 

RESUMO DO TRABALLO DE INFANTIL

 No blogue da Biblioteca  podedes ir vendo o resultado final de todo o traballo de investigación feito polas nenas e nenos do cole a través do proxecto documental integrado "Descubrindo as cores do mundo. Unha viaxe en globo".

Clicade aqui e poderedes descubrir o traballo dos máis pequenos do colexio.

DESCUBRINDO EEUU

Coa axuda de Chelsi descubrimos o seu país. Grazas e ata sempre!!

BYE BYE CHELSI

O pasado venres despedimos a Chelsi, a lectora americana, que estivo no cole durante dous cursos, axudándonos a mellorar o noso inglés. Moitas grazas Chelsi e unha apreta moi forte!!












COMEZO DA EXPOSICIÓN: "DESCUBRINDO AS CORES DO MUNDO. UNHA VIAXE EN GLOBO"

O 29 de maio deu comezo a Exposición do Vales Villamarín "Descubrindo as cores do mundo. Unha viaxe en globo".
 
 
Con moitos nervios, os diferentes cursos foron amosando ós compañeiros o traballo de  investigación feito durante todo o ano.
No seguinte video podedes ver unha pequena mostra.

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Para ver a información sobre as axudas de libros e as axudas de material escolar para o curso 2017-2018, prema na imaxe. 

Resultado de imagen de LIBROS E MATERIAL ESCOLARDocumentación:

1. Orde que regula as axudas.

2. Anexo I (Solicitude).

 

 

EXPOSICIÓN "DESCUBRINDO AS CORES DO MUNDO. UNHA VIAXE EN GLOBO"

A vindeira semana dará comezo a exposición "Descubrindo as cores do mundo. Unha viaxe en globo"

Para máis información clica aquí

SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2017-2018

O vindeiro 15 de maio abrirase o prazo para solicitar o uso do transporte escolar durante o curso 2017-2018.

Para ler a información completa, premer na imaxe.

Resultado de imagen de transporte escolar

Distribuir contido