AGASALLO

Esta semana recibimos uns libros da Asociación Lar de Unta, como agasallo,  por participar no concurso de debuxo "Samaín 2017" organizado por eles.
En breve os poderedes disfrutar na biblioteca.
Moitas grazas !!

 

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Nestas datas: para regalar, para desfrutar, para compartir, como excusa para visititar unha biblioteca ... aquí tendes unha selección de libros.
Felices festas!!!

 

O VALES VOLVE A SER PREMIADO

O CEIP Francisco Vales Villamarín acaba de ser galardoado no IV Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación da biblioteca escolar no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe)

O proxecto “Descubrindo as cores do mundo. Unha viaxe en globo”, que se desenvolveu en colaboración coa EEI de Fontelo e coa EEI de Coirós de Arriba, recibiu o premio na modalidade de Proxectos de Investigación Intercentros.

Unha vez máis…

NORABOA Á COMUNIDADE EDUCATIVA DO VALES!!!


SANTA CECILIA

O día 22 de novembro celebrouse Santa Icía. No cole, un ano máis, o festexamos, como non podía ser de outra maneira, con música. As mestras Ana e Maria, xunto cos familiares dos nenos e nenas do cole, organizaron un festival cheo de música para todos. Moitas grazas aos nos que fixéchedes pasar un rato moi agradable.

 

MAGOSTO

Os nenos e nenas de 1º e 2º de EP celebramos, a finais do mes de outubro, a festa das castañas. Moitas grazas a todos os que colaboráchedes en que o pasáramos xenial!!

 

NOVAS DENDE A BIBLIOTECA

A biblioteca permanecerá uns días pechada por mor das obras

Nos seguintes enlaces podedes ver as últimas novas do acontecido na biblio:

AMPLIACIÓN DO PATIO CUBERTO DE INFANTIL

As veciñas e os veciños de Betanzos decidiron dedicar os 50.000 euros do orzamento participativo do Concello á ampliación do patio cuberto de Infantil.

A proposta da ANPA Brigantium foi a máis votada cunha ampla maioría, 254 dos 374 votos recollidos. 

PARABÉNS!!!!

IV Festival Santa Icía 2017

Durante esta semana celebramos no cole o "IV FESTIVAL SANTA ICÍA: A FAMILIA EN CONCERTO" con actuacións musicais todos os días en Infantil e Primaria. Esperamos que o disfrutedes!

Para ver o PROGRAMA de actuacións no edificio de PRIMARIA, prema AQUÍ.

Para ver o PROGRAMA de actuacións no edificio de INFANTIL, prema AQUÍ

Para ver máis información no blog "Vales Musical", prema na imaxe.

O CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U. FELICITA AO VALES VILLAMARÍN

D. Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, remitiu unha carta de felicitación ao CEIP Francisco Vales Villamarín polo recente Premio a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017.

“A adquisición continua de novas competencias ao longo de toda a vida e a capacidade de estar abertos a novos retos constitúen activos de máxima importancia, neste mundo globalizado e en cambio constante.”

“Parabéns porque o voso quefacer diario contribúe a dar visibilidade ás boas prácticas docentes e a fomentar que máis centros leven adiante programas que incentiven novas formas de pensar, novas metodoloxías de ensino e novas ferramentas.”

“Gustaríame que transmitiras as felicitacións ao conxunto do alumnado e do profesorado participante no proxecto, porque uns centros en permanente formación representan unha peza clave para facer máis grande ao sistema educativo.”

Distribuir contido