#6ºQUEDANACASA

Tras catro semanas en casiña, o alumnado de 6º de Educación Primaria, da man dos profes de Arts & Crafts, Pablo e Claudia, elaboraron este bonito vídeo no que amosan as súas inquedanzas ante o COVID-19. RESISTIREMOS!!! Moito ánimo, xa queda menos!!!

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

 

PUBLICACIÓN CUALIFICACIÓNS 2ª AVALIACIÓN

O venres, 03-04-2020, pola tarde, publicaranse en ABALAR as cualificacións da 2ª avaliación.

As familias poderán ver as cualificacións pola APP abalarMóbil que é totalmente gratuíta.

Para que a APP funcione, é necesario que o número de teléfono sexa o mesmo que está rexistrado no colexio en XADE, na aplicación da Consellería de Educación.

Para ver a guía en PDF sobre a aplicación abalarMóbil, prema AQUÍ

 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021

Amplíase o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Polo tanto, dado o estado de alarma no que nos atopamos, pregamos que se utilice a modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

Se alguén quere realizar a presentación presencial, debería agardar a que se reinicien as clases.

Moitas gracias pola súa colaboración!

 

ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA OS PRÓXIMOS DÍAS

O profesorado do CEIP Francisco Vales Villamarín está traballando na programación das actividades para que o alumnado as poida realizar no seu domicilio.

A partir do luns trasladaremos a información ás familias.

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

Para ver as medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020, prema no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA ADMITIDO NO IES FRANCISCO AGUIAR

Xa poden consultar no colexio o listado de alumnado de 6º de Primaria admitido no IES Francisco Aguiar.

A citada consulta é necesario realizala dentro do colexio por razóns de Protección de Datos.

É importante asegurarse de que non houbo ningún erro na reserva da praza.

 

ENTROIDO 2020

E por fin chegou a festa!!!

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

TAMÉN PODES VISITAR O BLOGUE DE INFANTIL

PREPARÁNDONOS PARA O ENTROIDO

Nenos e nenas de 1º levan dende a semana pasada preparándose para a festa do Entroido que está a piques de comezar....

Primeiro comezaron pola parte gastronómica, foron á panadaría a aprender a facer orellas. Días máis tarde adicáronlle o seu tempo a coñecer a tradición e a historia do Entroido de Samede.

Clicade nas imaxes se queres ver máis polo miúdo todo o que aprenderon.

RESERVA DE PRAZA PARA O IES FRANCISCO AGUIAR NO CURSO 2020-2021

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

O día 1 de febreiro de 2020 inícianse o procedemento de reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 17 de febreiro, ambos incluídos.

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro conmemórase o día da Paz, dende o cole o festexamos a través de diversas actividades.

Clica na foto para ver o vídeo.

Distribuir contido