AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Para ver a información sobre as axudas de libros e as axudas de material escolar para o curso 2017-2018, prema na imaxe.
EXPOSICIÓN "DESCUBRINDO AS CORES DO MUNDO. UNHA VIAXE EN GLOBO"
A vindeira semana dará comezo a exposición "Descubrindo as cores do mundo. Unha viaxe en globo"
Para máis información clica aquí
NOVAS DENDE A BIBLIOTECA
Letras galegas 2017
Aquí, no blogue do EDLG, podedes atopar recursos relacionados con Carlos Casares e a súa obra.
Feliz Día das Letras Galegas!
Visitamos o Distrito Forestal de Betanzos
Enviado por paula o Xov, 20/04/2017 - 18:47Os nenos e nenas de 2º EP tivemos a sorte de que nos visitaran os axentes do Distrito Forestal de Betanzos. Durante unha animada charla ensináronnos a importancia de coidar o medio natural, as plantas, os animais,... respetando a natureza e non contaminando o noso entorno. Despois visitamos as súas instalacións, que están ao lado do cole, pasámolo xenial!!
Visitamos o Distrito Forestal de Betanzos on PhotoPeach
Saída ao entorno de Betanzos
Enviado por paula o Xov, 20/04/2017 - 17:51Os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria fixeron un roteiro polo entorno de Betanzos: porto, ponte vella, rio Pelamios,... Aquí tendes unha mostra do que visitaron
SAÍDA AO ENTORNO DO RIO PELAMIOS on PhotoPeach
Creamos poemas
Este trimestre adicámonos á poesía, no mes de xaneiro fixemos unha pequena recollida de poesía popular, no mes de febreiro Rosalía foi o noso punto de atención e en marzo seguimos empapándonos en poesía para crear os nosos propios poemas.
Coa colaboración do Concello de Betanzos, a través do seu servizo de Normalización lingüística e a concellaría de comercio, estamos a por en marcha a campaña Betanzos. Poesía no comercio.
A proposta pretende darlle a máxima difusión ás creacións poéticas do noso alumnado. Uns trescentos poemas espallaranse por todo Betanzos grazas á colaboración de diversos comerciantes locais.
Hai poemas de todo tipo: longos, curtos, suxeitos á rima, libres, sentimentais, descritivos, humorísticos... Diversos coma diversa é a nosa comunidade.
Xogamos coas palabras, aprendemos e divertímonos.
O noso agradecemento a todos os participantes nesta actividade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- …
- seguinte ›
- última »