ROTEIRO POLO PASATEMPO
Enviado por paula o Lun, 19/10/2020 - 11:06Alumnado do cole, da man dos mestres de Educación Física, están a facer un roteiro ata o Pasatempo. Están aprendendo un montón sobre as árbores que atopan durante o paseo...
PARABÉNS RAPACES
Enviado por paula o Sáb, 03/10/2020 - 05:10O nenos e nenas do Vales están demostrando ser uns campións e unhas campioas nesta situación que estamos a vivir. Por iso, todo o persoal do cole, queremos felicitalos polo ben que o están a facer e que sigan así.
Moi ben rapaces e rapazas!!!!
IMPORTANTE: MODIFICACIÓN NAS ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO ACOMPAÑADO DAS FAMILIAS EN PRIMARIA
Co obxectivo de mellorar as entradas e saídas do ALUMNADO DE PRIMARIA ACOMPAÑADO DAS FAMILIAS, a partir do luns, día 14 de setembro, despois da entrada e saída do alumnado transportado nos autobuses:
A entrada e saída do alumnado de 1º realizarase polo portal máis próximo ao edificio de 1º (ao lado do instituto).
A entrada e saída do alumnado de 2º e 3º realizarase polo portal máis próximo á panadaría.
A entrada e saída do alumnado de 4º, 5º e 6º realizarase polo portal de secretaría.
Adxuntamos unha imaxe das entradas e outra das saídas.
As entradas son a partir das 08:55, pero deben acceder ao recinto con tranquilidade. Temos flexibilidade para comezar o período lectivo.
Se hai varios irmáns/ás, poderán realizar a entrada, se o desexan, polo portal polo que ten que acceder o/a máis pequeno/a e unha vez dentro do recinto, o/a maior poderá dirixirse á porta do edificio que lle corresponda.
No caso da saída, se o desexan, o/a maior pode saír polo portal que lle corresponde e, unha vez na beirarrúa (de uso exclusivo para alumnado), desprazarse con tranquilidade ata a porta pola que sae o/a seu/súa irmán/á máis pequeno/a.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- …
- seguinte ›
- última »