DIA DA MULLER

O día 8 de marzo celebrouse o Día da Muller. Durante esta semana os diferentes niveis, tanto de infantil como de primaria, estiveron realizando distintos traballos e actividades. Aquí vos deixamos unha pequena mostra...

 

Os nenos e nenas de 2º andan a investigar e aprender sobre Betanzos. Visitade o blog da biblioteca para coñecer o traballo que fixeron sobre as RÚAS DE MULLERES no Concello.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

A partir do luns, día 01-03-2021, retómanse as actividades extraescolares, tal e como estaban realizándose antes da suspensión temporal.

DÍA DE ROSALÍA

Nenos e nenas de 2º de E. Primaria, xunto coas súas familias, animáronse a recitar versos de Rosalía de Castro. Clicade nos distintos carteis para ver e escoitar retazos da obra desta xenial escritora!!!

Moitísimas grazas nenos, nenas e familias pola vosa participación!!!

ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-2022

 

Poden realizar as súas consultas no teléfono 881880237 ou no correo electrónicoceip.vales.villamarin@edu.xunta.gal

Se vai realizar os trámites presencialmente, deberá solicitar unha cita no mesmo teléfono ou no mesmo correo electrónico.

 

O prazo para presentar as solicitudes para o alumnado de nova incorporación ao colexio será do 1 ao 22 de marzo de 2021.

Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido: 26 de abril de 2021.

Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido: 18 de maio de 2021.

Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño de 2021.

 

INFORMACIÓN

Información admisión alumnado

Calendario procedemento de admisión

Áreas de Influencia

Postos escolares vacantes

Tríptico PEC (Proxecto Educativo de Centro)

Orde 12 de marzo de 2013

Orde 25 de xaneiro de 2017

Orde 18 de decembro de 2020

 

IMPRESOS

Solicitude de admisión

Documento Autorización de Matrícula

Solicitude de Transporte Normal (domicilio a máis de 2 km)

Solicitude de Transporte Excepcional

 

CANCIÓN DA PAZ de 4º de Educación Primaria

Os nenos e nenas de 4º de Primaria gozaron nas casas interpretando a canción titulada "El mismo Sol" de Álvaro Soler, canción que traballaron polo Día da Paz.

Clicade nas diferentes imaxes para cantar e bailar cos rapaces!!!   

        

ENTROIDO 2021

Nenos e nenas de 4ºF comparten con nós unhas coplas do Entroido, prepárense para a festa!!!

Este ano non puidemos celebrar o pasarrúas no Pasatempo, pero non queremos deixar de compartir con vós os nosos disfraces...

DIA DA PAZ

Aquí vos deixamos unha pequena mostra dalgunhas das actividades que fixemos no cole polo día da Paz.

Visitade tamén os blogs da Biblioteca, o de Voz Natura e o de Infantil para ver algunha cousiña máis!!

 

INFORMACIÓN ENTROIDO

 

Resultado de imagen de entroido

Estimadas familias:

Achégase o Entroido e o centro  non ten programada ningunha actividade conxunta para esta ocasión, por razón obvias.

Tampouco queremos frear a iniciativa particular nin apagar o espírito de celebración que acompañan estas datas, polo que manteremos os mandados do Meco e os publicaremos na web para quen queira seguilos. Ademais, o venres, 12 de febreiro, o alumnado que así o desexe poderá vir disfrazado ao centro de maneira libre (sen careta). Este ano máis que nunca se merece un ánimo polo mérito e sacrificio demostrado.

 

Recibide do Equipo Docente e Directivo do centro un saúdo e o agradecemento á vosa confianza e colaboración.

MANDADOS DO MECO

O Entroido está a chegar, e témonos que preparar!!!

SUSPENSIÓN TEMPORAL DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Actividades extraescolares - Alojaweb

Seguindo as instrucións da Autoridade Sanitaria, é necesario  suspender, temporalmente,  as actividades extraescolares, a partir de hoxe e ata novo aviso.

Polo tanto, mañá, xoves, 22 de xaneiro, xa non se realizarán as citadas actividades.

Distribuir contido