ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS E DO FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE COMEDOR

O Concello de Betanzos publicou a ordenanza reguladora do prezo público do servizo de comedor e mañanceiros, cos prezos actualizados e o regulamento do funcionamento deste servizos; para información das nais e pais das nenas e dos nenos usuarios deste servizo; previo a aprobación polo Pleno da Corporación para a súa aplicación. 

1. Ordenanza reguladora do prezo.

2. Regulamento.

 

RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO PARA O CURSO 2022-2023

Segundo a Orde do 12 de marzo de 2013 e posteriores modificacións sobre o procedemento de admisión nos centros docentes:

·        O alumnado de 6º de Primariado noso colexio ten prioridade para a admisión no IES Francisco Aguiar ao que estamos adscritos.

·        Se desexa continuar os seus estudos no citado instituto deberá presentar a solicitude (ANEXO I) no CEIP Francisco Vales Villamarín.

·        O prazo para facer a reserva é do 11 de xaneiro ao 8 de febrero.

·       O CEIP Francisco Vales Villamarín remitirá ao IES Francisco Aguiar as solicitudes de reserva de praza do alumnado que faga uso da prioridade de admisión como centro adscrito.

·       O alumnado que desexe continuar os seus estudos NOUTRO CENTRO DIFERENTE ao IES Francisco Aguiar, NON TEN QUE PRESENTAR O ANEXO I e deberá presentar a súa solicitude de admisión (ANEXO II) no centro escollido entre o 1 e o 20 de marzo.

 

·       O alumnado admitido no IES Francisco Aguiar e nos outros centros escollidos deberá formalizar a matrícula nos citados centros entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.

 

1. Solicitude (ANEXO I)

2. Información para as familias

REPARTO DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE PRIMARIA

Vai comezar o reparto de máscaras entre o alumnado de E. Primaria que ten dereito segundo a Orde do 28 de outubro de 2021, publicada no DOG do 12-11-2021.

 

É necesario pedir cita en Secretaría e terá que recollelas a persoa que solicitou a axuda (de material ou de máscaras) ou autorizar a outra persoa.

NADAL 2021

Un ano máis o Nadal deixouse sentir no noso cole. Durante estas semanas fixemos un montón de actividades... Aquí vos amosamos algunhas delas....

Visitade, tamén, o BLOG DE MERO para botar unha ollada aos adornos navideños que fixeron os nenos e as nenas con material de refugallo.

PLENO INFANTIL

Durante estes días, os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria, celebraron o Pleno Infantil. Dado que nesta ocasión non puideron visitar o Concello, a alcaldesa, María Barral, xunto co Concelleiro de Educación, Andrés Hermida, visitaron o colexio para recoller as distintas propostas que o alumnado lles trasladou.

Os nenas e as nenas, como veciños de Betanzos que son, fixéronlle chegar distintas ideas para mellorar o noso Concello e, se é posible, trasladalas ao Pleno "dos maiores". Algunhas destas propostas foron: darlle "cor" ao cole, posto que hai zonas escuras e con manchas, abrir a Ludoteca, poñer colectores á beira dos ríos, pintar murais nas paredes dalgúns edificios,... Tamén quixeron trasladar o seu agradecemento polos xogos pintados no patio, polo rocódromo que instalaron no patio cuberto e outras melloras levadas a cabo na nosa vila...

TEMPO DE NADAL...

Dende o colexio queremos agradecer á familia Encinas-Carella o agasallo que fixeron para adornar o centro neste tempo de Nadal. Esta familia, coa axuda da súa filla Amanda e a súa amiga Marta, fixeron esta bonita árbore. Moitísmas grazas!

POR UN NADAL EN VERDE...

Mero ten un reto para ti... Visita o blog de Voz Natura para saber máis!!

DÍA DA CONSTITUCIÓN

Nenos e nenas de 2º E estiveron a aprender "Que é iso da Constitución?" Botádelle unha ollada aos seus traballos!!

DÍA DA DISCAPACIDADE

Nenos e nenas de Infantil e de 1º Primaria traballaron o Día da Discapacidade baseándose no PDI da bilioteca "A Terra". En infantil traballaron sobre os planetas e en 1º sobre as plantas. Aquí está o resultado...

 

Non deixedes de visitar a BIBLIOFEIRA do 3 de DECEMBRO no blog de Leo e Mariña!!

 

CAMPAMENTO DE NADAL

 

O Concello de Betanzos pon en marcha o Campamento de Nadal "Betanzos Concilia".

O prazo de inscrición comeza este venres 3, e finaliza o luns 13 (ambos incluidos). 

As bases do campamento e demais información relevante estará operativa a partir do venres 3, na web municipal e na sede electrónica.

Para realizar as solicitudes de inscrición, o mecanismo é facelo a través da sede electrónica https://sede.betanzos.gal/

As persoas que acrediten que non contan cos medios técnicos necesarios, poden poñerse en contacto cos Servizos Sociais no teléfono 981.77.07.07.

Pode acceder a toda a información no seguinte enlace:

https://novas.betanzos.es/o-concello-de-betanzos-pon-en-marcha-o-campamento-de-nadal-betanzos-concilia/

 

Distribuir contido