LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022-2023

Publicada a LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN ADMITIDO para o curso 2022-2023.  

Poden consultar a lista telefonicamente ou por correo electrónico. 

Se precisan consultar a lista no colexio, estará exposta no interior do edificio de Primaria, diante de Secretaría.

Uso das máscaras nos espazos ao aire libre

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza do xoves, 17 de marzo de 2022, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.

ADMISIÓN PARA O CURSO 2022-2023

 

Desde o vindeiro martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria  que desexa cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

Poden realizar as súas consultas no teléfono 881880237 ou no correo electrónico ceip.vales.villamarin@edu.xunta.gal

Se vai realizar os trámites presencialmente, deberá solicitar unha cita no mesmo teléfono ou correo electrónico.

 

Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido: 25 de abril.

Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido: 15 de maio.

Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 

INFORMACIÓN

Información admisión alumnado

Calendario procedemento de admisión

Áreas de Influencia

Postos escolares vacantes

Tríptico PEC (Proxecto Educativo de Centro)

Decreto 13/2022

Orde do 12 de marzo de 2013

 

IMPRESOS

Solicitude de admisión

Documento de autorización de matrícula

Solicitude de transporte normal (domicilio a máis de 2 km)

Solicitude de transporte excepcional

 

VISITA AO AQUARIUM DA CORUÑA

A rapazada de infantil visitou o Aquarium da Coruña. Alí aprenderon un montón de cousas sobre o mundo mariño!!!

INSTRUMENTOS CON MATERIAL DE REFUGALLO

Na clase de Música da profe Cris, e inspirados pola Vienna Vegetable Orquestra e a Orquestra ReuSónica, as nenas e os nenos de 3º de E. Primaria fixeron estes instrumentos tan chulos, botádelle unha ollada!!

 

DÍA DA MULLER

Os nenos e nenas de 5ºE fanlle unha entrevista á alcaldesa de Betanzos con motivo do día de hoxe, premede AQUÍ para escoitalos.

CLICADE NA IMAXE...

 Tamén vos deixamos unha pequena mostra dos traballos levados a cabo durante esta semana con motivo do 8M.

Lembrade visitar o BLOG DE LEO E MARIÑA, para ver as recomendacións de libros, distintos contacontos...

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a xestión de contactos estreitos covid-19 no ámbito educativo (04/03/2022)

A comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a xestión de contactos estreitos covid-19 no ámbito educativo (04/03/2022) sinala que NON se realizará identificación dos contactos estreitos e serán os propios casos os que deben informar aos seus contactos estreitos do diagnóstico de COVID para que extremen as medidas de prevención.

 

Data implantación en Galicia: luns 7 de marzo de 2022

Actuación ante contactos estreitos identificados antes da implantación deste acordo: suspenderanse as medidas de corentena/vixilancia indicadas previamente e pasaran a aplicarse as medidas recollidas neste documento.

Pode acceder á información completa no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36419

DE ENTROIDO CON ROSALÍA

Este ano, festexamos o Entroido da man de Rosalía!!

Premede na imaxe para ver o vídeo

ADMISIÓN PARA O CURSO 2022/23

Desde o vindeiro martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse antes do día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 25 de xuño ao 10 de xullo para os de ESO e Bacharelato.

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar hoxe mércores na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “V” e “U” para o primeiro apelido e “A” e “Z” para o segundo.

IMOS DE ENTROIDO CON ROSALÍA

O luns comezamos a semana do Entroido no Vales. Prepara todo o que precises, pasarémolo xenial!

Se querese saber o que tes que facer, a Rosalía debes ler.

Pulsa na seguinte imaxe para ver os mandatos do meco.

Distribuir contido