ASPACE CORUÑA

CLICADE NA IMAXE

POESÍA CON ANTÍA OTERO

Con motivo do Día Internacional do Libro e baixo o título "Un poema nunha buguina", a escritora Antía Otero volve visitar o colexio, desta vez para realizar un obradoiro de poesía co alumnado de 6º de Primaria.

 

COÑECENDO XAPÓN...

Dentro do Proxecto Documental Integrado da Biblioteca, a rapazada de 5º de Primaria está a profundar sobre Xapón. Estes días recibiu a visita de Kaiko, unha muller xaponesa, que lles está a mostrar como é o seu país e as súas costumes.

O LOITADOR DA GALAXIA

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos organizou para a rapazada de 4º de E. Primaria a actividade "O loitador da galaxia". Neste contacontos, Raquel Queizás, co seu inigualable estilo, narra as distintas iniciativas que levou a cabo ao longo da súa vida  Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado no día das Letras Galegas 2023.

CINEMA EN PERSPECTIVA

Alumnado de 5º e 6º de Primaria participou na actividade "Cinema en Perspectiva" organizada pola Consellería de Educación. A actividade consistiu na proxección de cinco curtas nas que se abordaban os prexuízos e os elementos sexistas que afectan ás persoas na sociedade.

AMIZADES DE PATIO

Na clase de 2ºA tiveron unha idea xenial para os momentos de lecer no recreo... Queredes saber en que consiste?

Premede na imaxe!

A PANTASMA COLORIDA

A rapazada de Infantil e de 1º de Primaria tivo a sorte de asistir á presentación do conto A PANTASMA COLORIDA da man das súas autoras.

Visitade o blog de Leo e Mariña!!!

 

REVERDECENDO A ESCOLA

Nenos e nenas de 2º e 4º de Primaria están a participar nunha actividade organizada pola Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A actividade consiste na creación dunha charca nun dos espazos do patio de 1º. A pouquiños está collendo forma!!

Se queredes ver o proceso de construcción da charca visitade o blog de Mero, clicade PARTE 1 PARTE 2, PARTE 3

CONCERTO DIDÁCTICO

Hoxe 3º e 4º de Primaria asistiron ao Pazo da Ópera na Coruña a un concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia e o seu Coro Xoven, dirixidos por Fernando Briones. "Walt y Diana, el viaje continúa" fantástica historia narrada por Víctor Grande, que foi levando aos pequenos e pequenas polas bandas sonoras de películas como "Hércules", "Encanto", "Brave", "La Bella y la Bestia",... Antes do concerto tiveron tempo para xogar e merendar no parque de Santa Margarida.

O concerto pódese gozar, tamén, na fin de semana en familia!

PREMEDE NA IMAXE!

 

Distribuir contido