RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO PARA O CURSO 2021-2022

 

Segundo a Orde do 12 de marzo de 2013 e posteriores modificacións sobre o procedemento de admisión nos centros docentes:

 

  • O alumnado de 6º de E. Primaria do noso colexio ten prioridade para a admisión no IES Francisco Aguiar ao que estamos adscritos.

  • Se desexa continuar os seus estudos no citado instituto deberá presentar a solicitude (ANEXO I) no CEIP Francisco Vales Villamarín.

  • O prazo para facer a reserva é do 11 de xaneiro ao 8 de febrero.

  • O CEIP Francisco Vales Villamarín remitirá ao IES Francisco Aguiar as solicitudes de reserva de praza do alumnado que faga uso da prioridade de admisión como centro adscrito.

  • O alumnado que desexe continuar os seus estudos NOUTRO CENTRO DIFERENTE ao IES Francisco Aguiar, NON TEN QUE PRESENTAR O ANEXO I e deberá presentar a súa solicitude de admisión (ANEXO II) no centro escollido entre o 1 e o 20 de marzo.

  • O alumnado admitido no IES Francisco Aguiar e nos otros centros escollidos deberá formalizar a matrícula nos citados centros entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.

 

AdxuntoTamaño
Solicitude Reserva.pdf1.33 MB
Información para as familias.pdf337.28 KB