REUNIÓN DE FAMILIAS DE ALUMNADO QUE COMEZA 1º DE PRIMARIA

O próximo mércores, día 7 de setembro de 2016, ás 17:00 horas, na Sala de Usos Múltiples do colexio (Edificio antigo), terá lugar unha reunión coas familias do alumnado de 1º de Educación Primaria no presente curso 2016-2017 onde se tratarán diversos temas de interese relativos á escolarización do citado alumnado.