DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO

Diario Oficial de Galicia, luns 16 de maio de 2016.

Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

 É requisito imprescindible, para acollerse ao fondo solidario, ás axudas para a adquisición de libros e ás axudas para a adquisición de material escolar ter devolto os libros de texto en préstamo do fondo solidario ou os adquiridos coas axudas do curso 2015/16 ( Non é necesario facelo en 1º e 2º de Educación Primaria)

 

     A devolución dos libros de texto do fondo solidario e a devolución dos libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2015/16 realizarase a semana do 13 ao 17 de xuño ao profesorado titor.

 

NOTA: Tamén se recollen aqueles libros que, voluntariamente, se queiran ceder ao fondo solidario.