Presentación de documentación complementaria admisión 2011-2012

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Orde do 17 de marzo de 2001 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 19/03/07).

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA Alumnado que solicita praza en 4º e 6º de E. Infantil e 1º de E. Primaria.

Unha vez rematado o prazo de presentación das solicitudes, e dado que as mesmas superan os postos escolares ofertados nos niveis de 4º e 6º (3 e 5 anos) de E. Infantil e 1º de E. Primaria, as familias deberán cubrir as follas 2 e 3 do Anexo II da citada Orde, para aportar as seguintes certificacións, antes do día 29 de abril:

• Existencia de irmáns no centro.

• Proximidade do domicilio familiar ou lugar de traballo.

• Rendas anuais da unidade familiar.

• Concorrencia de discapacidade no alumno/a, ou no seu pai, nai ou titor/a legal ou nalgún irmán.

• Condición de familia numerosa.

Betanzos, abril de 2011