Blogues

BECAS para alumnado con NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

O Sábado 1 de agosto de 2015 publicouse no BOE  a convocatoria para solicitar  as axudas para alumnado con con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2015-2016.

Pinchade aquí para acceder ao documento.

 

Convócanse as seguintes axudas:

*Axudas para aqueles alumnos que requiran por un periodo da súa escolarización ou o longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de  discapacidade ou transtorno grave de conducta, incluindo o  alumnado afectado por TDAH.

·     * 

Axudas para programas específicos complementarios para alumnado de altas capacidades intelectual.

       * Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conducta para familias numerosas.

 

Clases de axudas: Ensinanzas;  Transporte interurbano:  Comedor escolar; Residencia escolar; Transporte por traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial; Transporte urbano;  Libros e material didáctico; Reeducación pedagóxica ou da linguaxe

 Nota: Non pode concederse axuda de transporte para asistir ao gabinete ou centro no que realice a reeducación pedagóxica e de linguaxe, nin para asistir ao programa especial para personas con altas capacidades. Esta axuda é para asistir ao centro no que está escolarizado sempre e cando non estea cuberto con fondos públicos.

Os alumnos matriculados en educación infantil non teñen dereito a axuda por material didáctico por non estar incluído na convocatoria , e os matriculados en calquera outro nivel educativo do ensino obrigatorio (primaria e secundaria) por estar incluídos no programa de gratuidade de libros. Igualmente, as axudas de transporte, comedor, ensinanza e residencia non poderán concederse cando os ditos conceptos estean cubertos por servizos ou fondos públicos de calquera das entidades públicas (estatais, autonómicas, municipais...).

-      

 

A discapacidade ou transtorno grave de conduta deberá acreditarse por algunha das seguintes vías:

- certificado de discapacidade

- certificado do equipo de orientación educativa e psicopedagóxico da Comunidade Autónoma ou

- certificado do departamento de orientación dependente da administración educativa correspondente.

Para realizar a solicitide por dita modaliddae compre ter cumplidos dous anos de idade a 31/12/2014

A alta capacidad intelectual deberá acreditarse mediante certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación dependente da administración educativa correspondente. Os solicitantes teñen que ter cumplidos seis anos de idade a 31/12/2015.

 

Solicitudes: deberán cumplimentarse mediante formulario accesible por internet na dirección

www.mecd.gob.es

ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte na dirección

https://sede.educación.gob.es

no apartado de “Trámites y Servicios”.

 

Presentar as solicitudes no centro docente.

 

Prazo: ata 30 de setembro.

 

 

Enlace

http://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/primaria-secundaria/beca-necesidad-especifica.html

 

 

 

 

 

Pintando o muro con David

PINTANDO MURO DO PATIO CON DAVID

Estos dias realizouse na escola un proxecto para decorar o patio pequeno do aulario. A iniciativa xurde das ganas das mestras por darlle cor ao muro do patio no que os nenos saen a facer actividades de xardinería.

Desde o centro decidimos contactar con David, LER MÁIS

Clica na imaxe unha ou dúas veces para ver as fotos do proxecto. No vídeo, David rematando o mural. Descargar a presentación.

Contactar con David para realizar proxectos similares.

 

Visita ao Parque do Pasatempo 2015

VISITA AO PARQUE DO PASATEMPO

 Clica unha ou dúas veces na imaxe para ver as fotos. No seguiente enlace pódese descargar a presentación.

Visita a Marcelle 2015

VISITA A MARCELLE 2015

 

O alumnado de 6º de E. Infantil visitou Marcelle. Clica unha ou dúas veces na imaxe para ver as fotos. A presentación pódese descargar en formato zip.

Concerto de corda en E. Infantil

CONCERTO DIDÁCTICO 2015

 

O alumnado de Educación Infantil asistiu o concerto didáctico de violín, os concertistas: Sofía, Lola, Rocío e Gille, guiados por Bea, profesora do método Suzukiacompañados pola profesora Ana e o papá de Sofía.. Parabéns.

Clica unha ou dúas veces na imaxe para ver as fotos e no enlace para ver o vídeo.

CONVIVENCIA 2015 EN COIRÓS

V XORNADA DE CONVIVENCIA COAS ESCOLAS DE COIRÓS

Este venres, os alumnos de 6º de EI,  disfrutamos dunha fantástica xornada de convivencia co alumnado de Coirós. As mestras e familias tiñan organizada para todos nós unha magnífica xornada con música, baile, xogos e merenda. Pasámolo xenial! Moiatas grazas e vémonos no cole de maiores este venres día 12 para seguir a coñecernos un pouquiño máis.

 

   

  

Visita a Jardiland

Clica unha ou dúas veces na imaxe para ver as fotos

VISITA A JARDILAND

Grazas pola vosa participación

Desde o Departamento de Orientación queremos agradecer a todos os asistentes e poñentes das IV Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade a vosa participación. Esperamos foran proveitosas e enriquecedoras. Moitas grazas.

 

Letras Galegas en Infantil

Despraza o rato sobre a imaxe e clica no texto para ver os vídeos.

4 anos a 4 anos b 4 anos c 4 anos d 5 anos profes foliada gaitas 1 gaitas 2 pandereteiras pandereteiras 2 visita a primaria Image Map

Distribuir contido