Blogues

Fotografías cos Reis Magos E.Infantil

FOTOGRAFÏAS COS REIS MAGOS

 

Preme dúas veces na imaxe para ver e descargar as fotografías

 

BO NADAL E FELIZ 2016!

QUE AS CORES DO CAMIÑO GUIEN OS SOÑOS QUE PERSEGUIMOS

Actividades do mes de decembro

No aulario de infantil empezou o mes de decembro marcado por un abano de actividades que incidiron directamente nas programacións didácticas deste trimestre: dende o paseo polo pobo que puxo fin ao Proxecto Betanzos para o alumnado de catro anos, ou pola conmemoración do tres de decembro como día das persoas con discapacidade na que participaron activamente todos os niveis, pasando por actuacións de grupos teatrais ofertadas polo Concello: Boabab teatro, Duende Sico, taller de xoguetoloxía ou as sesións de Planetario e exposición ubicado no edificio durande tres dias ata que rematamos co concerto didáctico do grupo Arcos Iris e a recepción dos Reis Magos de Oriente para recoller as cartas de todos os nenos e nenas.

ACTIVIDADES DO MES DE DECEMBRO

Proxecto arte Betanzos

PROXECTO ARTE BETANZOS

O magosto en 1º

Os nenos e as nenas de 1º celebramos a festa das castañas cunha serie de xogos castañeiros coa axuda dos profes de E.F., David e Suso, e coa colaboración dos compis de 5º. Para rematar comimos unha morea de castañas que prepararon os papás e as mamás para nós. Moitas grazas a todos!!!

Magosto from paula cole on Vimeo.

Visita á Domus de 1º EP

Os nenos e as nenas de 1º fumos de excursión á Domus, para aprender e descubrir moitas cousas sobre o corpo humano, sobre diferentes inventos, e moitas cousas máis...

Visita á Domus by Slidely Slideshow

3 de Decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Un ano máis, imos conmemorar o 3 de Decembro, o Día das Persoas con Disacapacidade. Ao longo da semana serán varias as actividades a realizar co noso alumnado (lectura de contos, reflexións, murais,  programa de radio sobre a discapacidade sensorial, charla impartida pola ONCE, sensacións na aula de cociña e receitas en prol da diversidade....). Na presentación que atoparedes pinchando na imase podedes acceder ao punto de partida.

Distribuir contido