Blogues

25 de Febreiro: Día Internacional do Implante Coclear

Para ler o manifesto pinchade aquí : "Ser donos do noso presente e partícipes do noso futuro"

 

Lembrade que o alumnado de 6º EP, no seu programa de radio ten unha entrevista moi interesante con Lucía, a irmá de Alba, alumna do noso centro con Implante Coclear. Pinchade neste enlace para escoitala.

Máis recursos na entrada do curso pasado.

 

Obradoiro de filloas E. Infantil 2016

Seguimdo polo bo camiño, o Vales acaba de organizar un obradoiro de filloas que nunca sería posible sen a colaboración das familias. Grazas a todos/as.

Preme dúas veces na imaxe para ver o vídeo.

OBRADOIRO DE FILLOAS E. INFANTIL 2016

18 de febreiro: Día do Síndrome de Asperger

Máis información en Orienta Galicia

 

 

Máis información sobre o vídeo aquí.

PASO Á ESO

Este martes día 16, ás 16:30, na sala de usos múltiples terá lugar unha charla para as familias do alumnado de 6º EP para falar, entre outras cousas do cambio de Etapa. Para quen lle interese,  deixo neste enlace a presentación elaborada polo DO.

Entroido 2016

“Para que as cousas sucedan primeiro hai que soñalas”.Con Madelin e Virutas os nenos e nenas do Vales veñen soñando durante este curso 2015-16. Estes disfraces representan parte dos nosos soños e reflicten a colaboración das familias, a unión de todos os membros da comunidade educativa, o esforzo, o respeto…Todos xuntos imos acadando o bo camino. Gracias a todos os que dalgún xeito fixestes esto posible, en especial a “Discomóvil traffic” .

Preme dúas veces na imaxe para ver o vídeo.

Preme dúas veces neste texto para descargar as fotografías dos grupos de E. Infantil.

Música entroido 

Preme dúas veces no texto do curso:

Infantil    Primeiro   Segundo

Preme co botón dereito no reprodutor ----> e dalle a gardar como...

ENTROIDO 2016

No Antroido.... tamén soñamos!

O pasado venres día 5 toda a Comunidade Educativa disfrutamos dun fermoso día de Antroido. Da man de Madelin e Virutas, divertímonos unha vez maís coa cociña e a horta, dentro do proxecto "Para que as cousas sucedan primeiro hai que soñalas" que  levamos traballando ao longo deste curso. Nesta xornada deuse boa conta dos valores que guían o noso día a día (a paticipación, colaboración, o respeto, a amizade..) disfrutando con bo humor e boa música e baile TOD@S XUNT@S. Demostramos unha vez máis que xuntos (familias, alumnos, mestres, comunidade educativa en xeral) podemos acadar todos os noso soños. Parabéns e Feliz Antroido!

Día da Paz 2016

Preme dúas veces na imaxe para ver o vídeo.

DÍA DA PAZ 2016

Radio Vales

O noso centro, baixo a coordinación  do EDNL,  volve retomar Radio Vales, esta vez cun novo programa "Construíndo Soños" realizado polo alumnado de 6º EP. Este primeiro programa está relacionado coa sensibilización e formación sobre a discapacidade sensorial. 

Podedes escoitalo a través do blog "Non te cortes coa lingua" ou  no seguinte enlace.

Parabéns a todos os protagonistas e colaboradores deste primeiro programa e...SEGUIDE A CONSTRUÍR SOÑOS!!!

Axudas para familias con nenos/as con discapacidade auditiva

FAXPG, grazas á Fundación Solidariedade Carrefour e ao convenio de colaboración asinado con GAES, realiza unha convocatoria de axudas materiais dirixidas preferentemente a familias con nenos/as de 0 a 6 anos que teñan unha discapacidade auditiva, e con escasos recursos económicos.

Para máis información pinchade aquí.

 

 

Distribuir contido