Blogues

Benvidos á vosa escola!

Estamos a piques de rematar o curso e chegou o momento de que o alumnado de 6º de Educación Infantil (que xa é moi maior!) coñeza como vai ser o seu cole o vindeiro curso. O alumnado de 1º de Educación Primaria, que xa son todos uns expertos, farán de anfitrións o vindeiro venres día 3 de Xuño na xornada de convivencia que compartiremos xunto con todo o alumnado das Escolas de Educación Infantil adscritas ao noso centro. 

Grazas!

Desde o Departamento de Orientación queremos agradecer a asistencia e  participación do profesorado e familias nas V Xornadas de Formación e Sensibilización para a Atención á Diversidade. Grazas tamén a tod@s os que facedes que sexan  posibles (Concello, CFR, relatores, ANPAS, Equipos Docentes de todos os centros públicos de Betanzos...).

Pedimos disculpas polos posibles erros cometidos e teremos en conta, cara vindeiras ocasións, as vosas opinións e recomendacións.

Compartiremos, o antes  posible, a documentación facilitada polos relatores e materiáis elaborados. Pinchade aquí para acceder.

Moitas grazas e nunca deixedes de soñar!

Podedes pinchar na imaxe para acceder á presentación inicial

Visita a Jardiland 2016

Preme máis de unha vez na imaxe para ver o vídeo

VISITA A JARDILAND 2016

Letras Galegas 2016

Preme unha ou dúas veces na imaxe para ver o contido

LETRAS GALEGAS 2016

Visita ao IES Francisco Aguiar

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria  visitaron as instalacións do IES Francisco Aguiar para coñecer o centro ao que asistirán a maioría o vindeiro curso.

Que nervios!

Durante a visita, guiados por Julián Ferrer (Vicedirector) e Jose Manuel Montero (Director do centro), coñecimos as instalacións do centro ( o salón de actos, biblioteca, as aulas, laboratorios...) e a súa sensación é que... "é  ENOOORME pero mola".

 


Visita IES - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Gracias pola acollida!

23 de Abril: Día del Libro

Desde el Departamento de Orientación estas son nuestras recomendaciones para hoy, para mañana y para siempre.

 

 

Y nuestra pequeño homenaje a Don Quijote de La Mancha...

 

 

Los libros hacen que nuestros sueños se hagan realidad!

 

O mago Victor Noir no Vales

A Editorial Edelvives ofreceu gratuitamente a actuación do mago Victor Noir para o aulario de infantil do Vales Villamarín.

Preme dúas veces na imaxe para ver o vídeo.

 

O MAGO VICTOR NOIR NO VALES

21 de marzo: Día Mudial do Síndrome de Down

Este ano a campaña de sensibilización de DOWNESPAÑA pon de manifesto, unha vez máis , que a felicidade non entende de cromosomas. Para máis información pinchar aquí.

 

 

A EPILEPSIA Á ESCOLA

" Para que a epilepsia deixe de ser un estigma social"  (UGADE)

 

Distribuir contido