Blogues

REFUGALLANDO


Camiño dos Faros Sen Límites 2017

Interesante iniciativa que comezará o 11 de marzo, organizada pola Federación Provincial de Anpas da Coruña-Costa da Morte”, a asociación cultural e deportiva "Rompendo Limites" e a asociación "Camiño dos Faros".

A “II Edición del Camiño dos Faros SenLímites”  percorrerá o máxico Camiño dos Faros, unindo Malpica e Fisterra pola costa.

Como din os propios organizadores "En este camino compartiremos experiencias en igualdad, un motivo de la existencia de este camino inclusivo. Porque este Inclusivo Camino de los Faros SenLímites nos dice, y seguirá afirmando siempre, que nunca debemos perder el derecho a incluir, a compartir, al reconocimiento de la diversidad porque, sino, perderemos el derecho a ser libres."

Máis información no documento adxunto. 

Camiñando cara a ESO coas familias

Este venres realizouse unha charla para as familias do alumnado de 6º EP, en colaboración co IES Francisco Aguiar, sobre a nova etapa que axiña comezará. Para acceder á presentación realizada pinchade no documento adxunto. 

Familias que wasapean en paz

 Iniciativa moi interesante (promovido por Delegación Territorial de Educación en Granada) que persegue mellorar a convivencia e a participación familiar nos centros,  recomendando un uso axeitado dos grupos de Whatsapp nos que participan as familias do  alumnado. Pinchade aquí para saber máis. 

30 de Xaneiro Día da Paz

Hoxe conmemórase o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.  No Vales, tod@s xunt@s, traballamos a Paz a través da arte, cantamos e bailamos: os maiores  quitamos as gafas para poder convivir en paz e os máis pequenos o fixemos a ritmo de Kumananá.

 

 

 

Para escoitar a canción "Quítate las gafas" de Melendi pinchade aquí. 

Para escoitar a canción de Kumananá pinchade aquí.

Aprendendo sobre a discapacidade visual

O pasado xoves día 26 de xaneiro, o Vales tivo a sorte de contar, por segundo ano para o alumnado de 4º EP, e grazas á colaboración da ONCE e o seu programa de sensibilización nas escolas, coa visita de Carmen e Marian. Ensináronnos como a pesar de ter unha discapacidade visual, grazas aos recursos materiais, técnicos e persoais, son capaces de facer calquera cousa que se propoñan. 

 

 
Para máis información sobre FUNDACIÓN ONCE, pinchade aquí.

A Comunidade Educativa seguimos a aprender!

Comezamos con moitas gañas de aprender este trimestre, así que esta semana pasada tivemos no centro dúas charlas para profesorado e familias encamiñadas á mellora da Convivencia no noso centro.

O martes día 10 tivemos o pracer de escoitar a Carmen Loureiro, docente de profresión, aínda que xa está xubilada, experta en convivencia e educación emocional. Levámonos moitas cousas na nosa maleta, unha delas:

a importancia de aprender a percibir, sentir, pensar e facer en comunidade, a través do diálogo.

    

 

O xoves día 12 contamos coa presenza de Fernando Villar, Guardia Civil responsable do desenvolvemento do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos centros educativos e contorna. Escoitamos a primeira das tres charlas que vai ofrecer, que versou sobre o Acoso Escolar.

  

 

Desde o DO agradecer a súa colaboración e a asistencia de mestres e familias.

Esperamos poder disfrutar da súa presenza en vindeiras ocasións e compartir con eles un café... de cores.

 

Ano novo... cociña nova!

Este ano 2017 o Vales estrea cociña nova!. Bueno, en realidade é a mesma pero está tan ben pintadiña que parece outra. As mestras e mestre de PT e AL, con axuda de Marcos, Jaime, Aarón, Hugo, Iván, José Antonio, Pablo, Guille,  Lola, Isaac e Yaiza puxéronlle cor para poder disfrutar e aprender mellor, sempre CON CORES!!!! Moitas grazas a tod@s polo voso esforzo e traballo. Quedou chulísima!, Non si?.

    

Feliz 2017!

Desde o Departamento de Orientación do Vales queremos desexarvos a tod@s un Feliz Ano Novo!. Que o 2017 sexa un ano cheiño de bos desexos, aprendizaxes, saúde, alegria e soños acadados.

Distribuir contido