Blogues

MAGOSTO

Os nenos e nenas de 1º e 2º de EP celebramos, a finais do mes de outubro, a festa das castañas. Moitas grazas a todos os que colaboráchedes en que o pasáramos xenial!!

 

O VALES EN NEGRO

 

 

 

 

O noso centro únese á campaña de sensibilización contra a violencia cara as mulleres incluída dentro do Plan de Igualdade do Concello de Betanzos. O Vales tornarase negro, novembro rematará en  negro. 

Se queremos vivir nunha sociedade de cores, sen desigualdades, temos que empezar por educar nas familias e na escola na igualdade entre homes e mulleres, eliminando os pequenos micromachismos que nos rodean,  condeando abertamente as condutas machistas e todo tipo de violencia cara as mulleres e tendendo unha man a todas as vítimas. Xuntos podemos!

Para saber máis sobrea campaña pinchade aquí.

Pinchade no documento adxunto para acceder a unha presentación para traballar nas titorías

 

A nosa biblioteca recolle no seu blogue moitos recursos para traballar nas titorías. Pinchade aquí para acceder

No arquivo adxunto podedes descargar o tríptico coas recomendacións de contos para traballar a coeducación en Educación Infantil e Primaria,  realizado con motivo das VI Xornadas de Sensibilización e Formación sobre a atención á diversidade.

OS NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA VISITAMOS O PASATEMPO

O pasado 30 de setembro, os alumnos de 4º de primaria, acompañados polas súas titoras, fixeron unha saída ao Pasatempo.

Foi unha visita guiada, na que dous historiadores betanceiros, Adrián e Daniel, lles transmitiron algunas curiosidades e moita información sobre o noso parque enciclopédico.


O PASATEMPO

S.O.S

Sinto comunicar que non fun quen de atopar unha explicación ao misterio acontecido o pasado día 22. Seguimos sen saber que sentido teñen os obxetos atopados na caixa soterrada no areeiro do patio.  De quen son?,  De que época? Que sentido teñen?. Fago un chamamento a toda a Comunidade Educativa para nos axudar a investigar e resolver este gran misterio. Precisamos a vosa axuda e colaboración!. Aquí deixo unhas imaxes do contido da misteriosa caixa. Se alguén atopa algunha pista, por favor, poñédevos en contacto co centro o antes posible, as portas do noso centro están abertas sempre. 

 

 

     

 

            

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!

 

5 de outubro, Día Europeo da Dislexia

Con motivo da conmemoración do Día Europeo da Dislexia, e a proposta de AGADIX (Asociación Galega de Dislexia), compartimos coa Comunidade Educativa, para facer visible esta dificultade especíca de aprendizaxe, un mapa explicativo.

A dislexia é unha condición permanente, de orixe neurobiolóxico e un forte carácter hereditario. Afecta de xeito persistente á exactitude, fluidez e comprensión lectora, ortografía, comunicación e expresión escrita e ao cálculo matemático.

É a dificultadee de aprendizaxe máis común, que afecta a un 10% da poboación, pero difícil de diagnosticar, non existindo protocolos de deteción e intervención e sen contar con axudas nin becas por parte da administración.

Fagamos visible a dislexia! 

ATREVÍMONOS!

Hoxe, 4  de outubro, conmemórase o Día Mundial da Parálise Cerebral, e grazas a ASPACE Coruña  achegámonos a persoas con parálise cerebral para coñecelas. 

O alumnado de 5º EP do noso centro participou das actividades organizadas con motivo de dita conmemoración englobadas dentro das numerosas actividades programadas en torno ao 40 aniversario da asociación.

Comezamos a semana cunha interesantísima charla sobre o que é a Parálise Cerebral e cómo son as persoas con dita discapacidade. Xogamos e disfrutamos con eles e preparamos os nosos desexos de futuro, que hoxe compartimos con toda a comunidade no acto organizado  na praza Irmáns García Naveira, mentres escoitábamos o manifesto lído por Eliseo e Jorge e colaborábamos en pintar unha fermosa balconada agasallada ao Concello pola asociación. 

href="http://www.aspacecoruna.org/dia_mundial_paralisis_cerebral_yomeatrevo.html">Pinchade na imaxe para ver a noticia

Grazas a Jorge, Yago, Chon. Eulogio ... e a todas as persoas de ASPACE Coruña por contar connosco neste fermoso día. Desde o Vales desexamos que os vosos soños se fagan realidade e estamos convencidos de que TOD@S XUNT@S poderemos alcanzalos.

 

V Congreso TADGa

Os vindeiros días 20 e 21 de outubro, en A Coruña, a Asociación TADEGa organiza un interesantísimo Congreso por unha inclusión educativa e dixital. Para máis información pinchade aquí.

Apuntádevos!! Seguro que merece a pena. 

AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2017-2018

O 12 de agosto de 2017 publicouse no BOE  a convocatoria para solicitar  as axudas para alumnado con con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2017-2018.

Pinchade aquí para acceder a toda a información.

Convócanse as seguintes axudas:

·        

Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave de conduta.

·        

Axudas para programas complementarios a alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

Clases de axudas: Ensinanzas;  Transporte interurbano:  Comedor escolar; Residencia escolar; Transporte por traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial; Transporte urbano;  Libros e material didáctico; Reeducación pedagóxica ou da linguaxe

 Nota: Non pode concederse axuda de transporte para asistir ao gabinete ou centro no que realice a reeducación pedagóxica e de linguaxe, nin para asistir ao programa especial para persoas con altas capacidades. Esta axuda é para asistir ao centro no que está escolarizado sempre e cando non estea cuberto con fondos públicos.

As axudas de transporte, comedor, ensinanza,  residencia e material didáctico non poderán concederse cando os ditos conceptos estean cubertos por servizos ou fondos públicos de calquera das entidades públicas (estatais, autonómicas, municipais...).

A discapacidade ou trastorno grave de conduta deberá acreditarse por algunha das seguintes vías:

- certificado de discapacidade

- certificado do equipo de orientación educativa e psicopedagóxico da Comunidade Autónoma ou certificado do departamento de orientación dependente da administración educativa correspondente.

- certificado dun equipo de valoración e orientación dun centro base do Instituto de Mayores y de Servicios Sociales ou órganos correspondentes da comunidade autónoma. 

- diagnóstico clínico polos servizos de saúde públicos, no caso de alumnado con Trastorno Grave de Conduta

Para realizar a solicitide por dita modaliddae compre ter cumplidos dous anos de idade a 31/12/2016.

A alta capacidad intelectual deberá acreditarse mediante certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación dependente da administración educativa correspondente. Os solicitantes teñen que ter cumpridos seis anos de idade a 31/12/2017.

No caso de presentar necesidade de reeducación pedagóxica ou de linguaxe compre presentar a seguinte documentación:

- Certificación expedida polo Inspector de Zona que acredite a necesidade de tratamento pola inexistencia ou insuficiencia da atención pedagóxica proporcionada polo centro e/ou inviabilidade de matricularse en centro que dispoña do servizo de reeducación requerido.

- Informe do Equipo de Orientación Específico ou Departamento de Orientación.

- Memoria do centro reeducador.

- Declaración responsable da persoa que imparte a reeducación.

 

Solicitudes: deberán cumplimentarse  a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte na dirección no apartado de “Trámites y Servicios”. Pinchar aquí para acceder.

 

Prazo: ata 28 de setembro.

 

 

Distribuir contido