ORDE POLA QUE SE REGULAN OS CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O venres, 13 de novembro, publicouse no DOG a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E)

Aspectos a ter en conta:

  • O prazo de solicitude é do 16 ao 27 de novembro de 2020.

  • Dirixidas ao alumnado de educación primaria.

  • Destinatarios/as que non teñen que presentar solicitude posto que son beneficiarios/as sen necesidade de realizar ningún trámite: Alumnado beneficiario da axuda para material escolar no presente curso.

  • Destinatarios/as que si deben presentar solicitude: Alumnado non beneficiario da axuda para material e que cumpra os requisitos recollidos na convocatoria.

  • Lugar de presentación das solicitudes: Na secretaría do centro os martes e mércores de 16:00 a 18:00 horas (sen cita previa), e de luns a venres pola mañá (con cita previa).