As nenas e nenos de 4ºB convértense en cineastas!

 

O grupo de 4ºB coa axuda dos mestres Gonzalo Romero, Alicia Framiñan, María López e baixo a coordinación de Carlos Abraira, están a traballar na realización dunha película documental sobre a vida antes e despois da construción da ponte da Illa de Arousa.

Acolléronse ao programa de Innovación Educativa do Plan Proxecta da Conselleria, "Ti es creador" que pretende explorar as etapas do proceso creativo coa colaboración de artistas e autores recoñecidos e alfabetizar ao alumnado no linguaxe audiovisual.

Están desexando ensinarvos o resultado do traballo que están a realizar. Teredes mais noticias en breve!

Powered by Drupal - Design by artinet